Tradicionalmente o uso de “chivatos” nos escenarios facilitaban que os músicos e cantantes puidesen escoitarse a si mesmos durante unha actuación. O ruído que ás veces pode contaminar ditas actuacións (público, vento…) facía necesario o aumento da potencia no son emitido por eses monitores ou "chivatos" situados no chan, ate o punto de chegar a prexudicar o oído do artista.
O In Ear Monitor, son dispositivos usados por músicos, enxeñeiros de son e amantes do bo son que transmiten a música e sons personalizados, ao gusto. A finalidade deste dispositivo é a de emitir música pero atenuando ou illando o son ambiente e deixando pasar só o son que están a transmitir. Xérase así unha entrada limpa de ruídos e sons distractores que danarían a nosa audición e interpretación.
O tipo de auricular que levan poderá ser:
- Controlador dinámico: dan moi boa responta en graves.
- Controlador B.A. (balanced armature): precisaremos de varios para obter un son de alta fidelidade
- Mixtos
O número de auriculares, no caso dos B.A. oscilará segundo queiramos maior ou menor calidade de son. O tipo de material destes auriculares, así como o número de vías ou camiños de saída que lle daremos ao son para chegar ao noso tímpano, tamén serán importantes e afectarán á textura e calidade do son recibido.
Hoxe en día podemos atopar no mercado IEMs de ate 10drivers (controladores/auriculares) que ofrecen un son espectacular. Non obstante, IEMs con menor número de drivers poden dar igualmente experiencias acústicas magníficas.
Unha variable a ter en conta será o estado previo de audición do oínte/usuario de IEMs dado que certo número de drivers pode ser absurdo en certos casos se a audición xa está afectada en certas frecuencias.
Tipos de In Ear Monitor (IEM)
In ear Monitor Universal
Pros.
- Hainos de diversas calidades.
- Poden ser empregados por diferentes individuos únicamente cambiando a peza de espuma ou silicona que traen para a súa suxeición no oído.
Contras.
- Habitualmente o seu tamaño é bastante grande, o que dificulta a súa colocación.
- Pode provocar unha mala suxeición no conducto auditivo.
- O illamento pode ser variable.
In Ear Monitor a Medida
Pros.
- Hainos de diversas gamas/calidades
Individualizados
- Axuste perfecto
- Maior illamento
- Tamaño acorde coa orella do usuario
- Requiren revisión e medición do conducto auditivo por parte dun profesional
Contras
- Maior custe
- Maior tempo de fabricación
En Oemais ofrecemos solucións auditivas profesionais adaptadas e personalizadas segundo as túas necesidades. ¡Consúltanos! Estamos en Cee, Lalín e Ordes.