Facebook

Todos os produtos que dispoñemos
nos nosos centros auditivos

Audiófono, sistemas cros e bicros, diademas óseas...

Nos nosos centros auditivos de Lalín, Ordes e Cee contamos cos mellores produtos dentro do mercado xa que traballamos unicamente con firmas e empresas de referencia no sector.

En Oe+ queremos garantir sempre a calidade, durabilidade e funcionalidade de cada un dos produtos que temos á venda e que ofrecemos aos nosos clientes.

Ademais, os profesionais que formamos o equipo dos centros auditivos Oe+ contamos cunha ampla experiencia no sector polo que podemos ofrecer un asesoramento totalmente personalizado e adaptado ás necesidades de cada paciente.

Audiófonos

Traballamos todos os modelos e marcas de audiófonos, o que nos permite ofrecer unha gran variabilidade de modelos segundo a súa gama tecnolóxica, estética e prezo. O obxectivo está en atopar o mellor audiófono que asegure as nosas recomendacións e tamén as súas preferencias.

Ofrecemos a cada paciente a prótese auditiva máis axeitada para cada caso, levando a cabo unha adaptación personalizada en función dos resultados das probas auditivas realizadas previamente.

En canto á súa tecnoloxía, podemos citar algunhas características tales como canais, compresión, programas, redutores de ruído (común, de baixa intensidade, de impacto e de vento), sistemas direccionais, realce da fala, sistema antifeedback, comunicación binaural, compresión/transposición frecuencial, comunicación inalámbrica (bluetooth, wireless, FM, bobina), protección ante o po e a humidade, baterías recargables, xerador de ruído en caso de pacientes con tinnitus, etc.

En canto á súa estética, os audiófonos actuais ofrecen diversos modelos físicos con independencia das súas prestacións tecnolóxicas e incorporando diversas posibilidades de cores:

  • Intracanais: de menor ou maior tamaño, estes audiófonos sitúanse no conduto auditivo ou ata a concha auricular.
  • RIC: audiófono retroauricular de pequeno tamaño que leva o auricular dentro do conduto auditivo e que permite amplas posibilidades de adaptación.
  • BTE: cunha estética cada vez máis coidada, este modelo de audiófono tamén garante amplas posibilidades de adaptación.

Siemens Audiservice Rexton Phonak Unitron Hansaton Bernafon Oticon Starkey Microtech GnResound Beltone Danavox Interton Widex

Variñas auditivas e diademas óseas e o innovador sistema AD-HEAR de Medel

Especialmente recomendadas para aquelas persoas con perda auditiva transmisiva debido a problemas no oído medio (otite crónica, malformación, cirurxía de oído medio, etc.).

Os terminais actuais presentan un deseño que permite que se adapten perfectamente na variña das lentes ou ben constituir a variña dos lentes integramente, aínda que tamén existe a posibilidade de incorporar o terminal sobre unha diadema.

Incorporan un vibrador óseo que se sitúa tras o pavillón auditivo emitindo a vibración directamente sobre a mastoide e canalizando así o son ata o oído interno.

Ver máis Máis sobre AD-HEAR

Sistemas Cros e Bicros

Constitúe unha opción para aquelas persoas con perda auditiva unilateral profunda, cofose ou imposibilidade de adaptación no oído con perda auditiva (sistema Cros). Cando temos unha perda auditiva bilateral asimétrica na que o oído peor non se poida adaptar, estamos a falar dun sistema BiCros.

Consiste en transmitir o sinal auditivo do oído non adaptado ao outro oído de forma inalámbrica. Isto permite ao usuario mellorar a súa audición, especialmente en situacións de ruído, recuperando así parte dos beneficios da audición bilateral.

IN EAR MONITORS (IEM)

Es profesional da música ou simplemente queres desfrutar do mellor son cuns auriculares profesionais?

De 3, 4, 5 e ate 6 vías diferenciando drivers para graves, medios e agudos. Máis Son. Máis Calidade.

Máis desfrute. Son Oe+.

Protectores auditivos a medida

Protectores auditivos individualizados a medida tanto para tapóns de baño para protexer da humidade, protectores de ruído en caso de ambiente laboral ruidoso, cazadores, etc. ou por exemplo protectores para músicos.

Axudas técnicas auditivas

As axudas técnicas permiten adaptar as situacións cotiás ás necesidades auditivas de cada persoa, tanto para usuarios de próteses auditivas (audiófonos, implantes, variñas) como para non usuarios, e para calquera idade, especialmente relevantes en casos pediátricos.

Na actualidade a meirande parte das axudas técnicas poden traballar en sincronía cos seus audiófonos mellorando a escoita en diversas situacións tales como manter conversacións en ruído, en recintos reverberantes ou cunha distancia que non permite escoitar facilmente a fala, uso do teléfono tanto fixo como móbil ou escoitar a TV, radio ou outros equipos de son como a tablet ou PC. Estas opcións pódense conseguir mediante conectividade inalámbrica, FM, ou bucle magnético.

Porén, existen outras axudas técnicas que ou ben non poden ser empregadas conxuntamente co seu audiófono dado a situación para a cal están pensadas ou ben están pensadas para persoas non usuarias de audiófonos. Falamos neste caso de axudas técnicas tales como espertadores ou teléfonos fixos e móbiles.

Traballar con todas as marcas e cos últimos avances tecnolóxicos permítenos ofrecer a mellor axuda técnica para cada paciente, tanto en sincronía co seu audiófono ou ben de forma illada, dende teléfonos ou móbiles pasando por despertadores, sistemas FM, sistemas de bucle magnético ou sistemas de conectividade.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel