Nos noso centro de Ordes dispoñemos dun servizo específico de audioloxía pediátrica, capitaneado por Marlene Rodríguez. Neste artigo do blog contámosche como funciona.
O noso centro Oe Máis de Ordes é un centro autorizado pola Consellería de Sanidade para audioloxía pediátrica, o que nos permite realizar revisións e adaptacións para cativos/as menores de 10 anos.
Existen diferencias nas revisións e adaptacións de audífonos entre adultos e cativos e tamén entre os propios cativos. Isto fai que sexa preciso realizar probas diferentes de audioloxía pediátrica en cada caso.
Que tipos de probas auditivas se fan aos nenos e nenas?
No noso centro auditivo facemos diferentes probas de audioloxía pediátrica: subxectivas e obxectivas.
Probas subxectivas. Son probas por observación coa tecnoloxía que dispoñemos no centro e tamén a través de probas de reflexos visuais, nas que o neno ou nena asocia sons a determinadas imaxes. Asemade, a medida que a idade avanza existen outro tipo de probas con xogos lúdicos como insertables ou de construcción que nos serven para facer as medicións pertinentes e que o cativo/a se divirta ao mesmo tempo.
Probas obxectivas. Mediantes os potencias evocados auditivos (PEA) podemos avaliar a capacidade auditiva do/a cativo/a. Poden ser tanto de tronco como de estado estable e engadimos a posibilidade de realizar esta proba coa prótese auditiva posta. Deste xeito, podemos avaliar a capacidade auditiva do/a neno/a con e sen a prótese para ter unha avaliación moito máis fiable e completa.
Todas as probas están personalizadas para cada caso e non só iso, tamén nos adaptamos aos horarios dos nenos/as, podendo realizar estes potenciais evocados auditivos incluso en horario nocturno.
Que se fai unha vez temos os resultados?
Unha vez temos os resultados de todas as probas ao cativo/a, explicámoslle aos pais toda a formación obtida e buscamos a mellor solución auditiva para cada caso. Dende audífonos ata axudas técnicas compatibles. Todo isto complétase con revisións periódicas para garantir que a audición e o tratamento é o correcto. Estas revisións periódicas non teñen un tempo determinado, senón que van depender da evolución do/a neno/a, a idade e as necesidades que detectemos en cada caso.
Se necesitas máis información ou precisas consello sobre audioloxía pediátrica, non dubides en contactar co noso centro de Ordes.