Antes de comezar a contarvos onde se poden atopar os coñecidos como bucles magnéticos, imos a lembrar que son exactamente.
Que son os bucles magnéticos?
Os bucles magnéticos son sistemas que garanten a correcta escoita a aquelas persoas que empreguen audífonos e que se atopen en lugares públicos. É unha forma de facer máis accesibles estes espazos, permitíndolles ás persoas con algunha necesidade auditiva desfrutar igualmente de calquera espectáculo ou evento.
Pero, como funcionan exactamente os bucles magnéticos?
O obxectivo de empregar os bucles magnéticos xa quedou claro, pero imos a darvos unha explicación un pouco máis técnica sobre o funcionamento dos mesmos. O que fai un bucle magnético é transformar unha sinal de audio normal nun campo magnético, facendo así que sexa perceptible por un audífono.
Deste xeito, calquera persoa con audífonos poderá escoitar de forma clara calquera información ou mensaxe que sexa emitida nun lugar público: no cine, en auditorios, salas de concertos, ou mesmo mensaxes informativos como os emitidos en aeroportos ou estacións. Tamén facilitará as xestións e as conversas en organismos públicos como os concellos ou incluso tamén en supermercados ou contextos similares.
E xa por fin, onde podemos atopar os bucles magnéticos?
A continuación deixámosvos con algúns exemplos de lugares públicos que contan xa co sistema de bucles magnéticos:
Catedral da Almudena
Neste templo de Madrid contan xa cun sistema de bucles magnéticos instalado no altar maior da Virxe da Almudena. Deste xeito, as persoas con audífonos que asistan á catedral poderán seguir de forma clara os actos relixiosos, dado que os bucles eliminarán os ruídos de fondo, facendo máis clara a escoita.
O museo do Prado
O Prado conta con instalacións de bucles magnéticos nos espazos de atención pública (consignas, postos de información, cafetaría...) e tamén nas últimas filas do auditorio. Ademais, ofrece tamén bucles magnéticos portátiles a modo de colar para que as persoas con necesidades auditivas poidan facer emprego deles ó longo de todo o museo.
Palau da Música de Valencia
Neste lugar resulta especialmente importante a instalación de bucles magnéticos debido ás súas amplas dimensións. Os bucles actúan eliminando os ruídos e facilitando unha escoita clara.
Teatro Real de Madrid
Conta ca instalación de bucles magnéticos nas billeteiras e no patio de butacas para que os espectadores con necesidades auditivas poidan desfrutar mellor dos espectáculos.
Alcampo
Este cadea de supermercados instalou bucles magnéticos nas 56 grandes superficies cas que conta en España. Están localizados nas caixas para persoas con algún tipo de necesidade especial e tamén nos mostradores de información.
Comisarías
Nas comisarías tamén contan con bucles magnéticos. Están a desenvolver tamén a instalación do sistema ‘Svisual’, o cal ofrece un servizo de interpretación mediante videochamada e en tempo real ás persoas con necesidades auditivas.
Coches
A empresa Ilunion foi pioneira no noso país en desenvolver sistemas de bucles magnéticos adaptados para os coches. Deste xeito, os usuarios con necesidades auditivas poderán escoitar a radio ou as indicacións do sistema de navegación sen dificultades.