26 Mai Videoxogos e audición, como se relacionan? 26/05/2021 Dous de cada tres adolescentes de entre 8 e 16 anos pasan máis de dúas horas diarias xogando ós videoxogos. A palabra “gamer” é xa unha habitual no noso vocabulario e emprégase para nomear a aquelas persoas que senten paixón polo mundo dos videoxogos. Estes mozos e mozas pasan horas fronte á pantalla acompañados por uns cascos, preferiblemente moi potentes, que lles permiten entrar de cheo no universo do xogo, vivilo da forma máis real posible e evadirse do seu entorno físico. Onde se atopa o p... Ler máis
20 Mai Como mellorar o acondicionamento auditivo do teu fogar 20/05/2021 Cando nos dispoñemos a facer unha casa ou adquirir calquera inmoble hai moitas cousas que, por inexperiencia, pasamos por alto. Unha delas é a acústica do que será o noso fogar. Se non escollemos con certo criterio os materiais e os espazos atoparémonos cunha forte presenza de reverberacións e ecos que farán que as estancias deixen de ser acolledoras. Isto fará que os ruídos ambiente se mesturen entre si, dificultando o correcto desenvolvemento das conversas A continuación darémosvos algúns con... Ler máis
13 Mai Consellos para evitar o ruído ambiente se empregas audífonos 13/05/2021 Para a maioría de persoas que empregan audífonos, un dos maiores problemas ós que se enfrontan é o ruído ambiente. Estes aparellos fan que a súa escoita mellore notablemente pero a situación segue volvéndose complexa se se atopan nun contexto no que interveñen moitos sons á vez. Se estás nesta situación ou coñeces a alguén que o estea, tes que saber que o normal non é convivir con elo, hai que buscar a maneira de tratar esa problemática para que non chegue a afectarlle ó día a día e á relación c... Ler máis
6 Mai Por que soen ter problemas de audición os mestres e mestras de infantil? 06/05/2021 Xa temos falado noutras ocasións de profesións nas que a exposición a fortes ruídos é unha constante: músicos/as, traballos en aeroportos, en fábricas... Polo que se se traballa nun deses sectores, é moi importante tomar as medidas de protección necesarias para non sufrir problemas auditivos nun futuro. Pero hai outra profesión que apenas se cita cando se fala destas cuestións: a mestría, tanto se nos referimos á ensinanza de infantil como á de primaria. Ambas implican a convivencia con sons e... Ler máis
14 Abr Prácticas para coidar a hixiene de oídos nos bebés 14/04/2021 A limpeza de oídos é importante a calquera idade pero un pouquiño máis se cabe nos primeiros anos. Os oídos dos máis peques están aínda formándose e crecendo e necesitan un coidado máis minucioso, así como estar máis atentos por se se puidese dar algunha anomalía no seu funcionamento. Se se é nai ou pai por primeira vez é normal que se teñan máis dúbidas acerca de como limpar de forma correcta os oídos do/a neno/a, polo que aquí vos deixamos algúns consellos. Consellos para limpar de forma cor... Ler máis
8 Abr Como se relaciona o deporte ca audición? 08/04/2021 Non é nada novo afirmar que o exercicio físico beneficia enormemente a nosa saúde. Practicar deporte fainos estar activos e iso mellora o funcionamento de todas as nosas funcións corporais. Isto, acompañado de bos hábitos de vida, dunha boa alimentación e de coidar moito os excesos, resulta clave para manter o noso corpo en bo estado. É a base, por así dicir, para que todo funcione ben; máis alá de calquera achaque de saúde que poidamos sufrir por outras causas inevitables. E como calquera out... Ler máis