Prácticas para coidar a hixiene de oídos nos bebés

Publicado: 14 de abril de 2021, 15:10
  1. Recomendacións
Prácticas para coidar a hixiene de oídos nos bebés

A limpeza de oídos é importante a calquera idade pero un pouquiño máis se cabe nos primeiros anos. Os oídos dos máis peques están aínda formándose e crecendo e necesitan un coidado máis minucioso, así como estar máis atentos por se se puidese dar algunha anomalía no seu funcionamento. Se se é nai ou pai por primeira vez é normal que se teñan máis dúbidas acerca de como limpar de forma correcta os oídos do/a neno/a, polo que aquí vos deixamos algúns consellos. 

Consellos para limpar de forma correcta os oídos dos máis pequenos

Limpeza superficial: en ningún caso deberemos limpar diariamente os oídos dos bebés. Non soen ter moita sucidade polo que unha limpeza superficial debería ser suficiente. Bastará con empregar un pano húmido despois do baño (facendo movementos de dentro cara fóra) e sempre naquelas zonas nas que poidamos acceder facilmente. Tamén o pasaremos polos pliegues da orella. 

Revisar a cera: que teñan unha pouca cera tamén é normal, lembremos que é unha forma de autolimpeza que ten o propio oído e que ademais o protexe de infeccións. Tan só nos deberemos preocupar se a cor desa cera se volve máis amarelenta do normal, máis escura, porque se podería tratar precisamente dalgún tipo de infección. 

Non introducir obxectos: introducir gasas ou bastoncillos podería ser perigoso porque, en vez de extraer o exceso que se poida dar de cerume poderiamolo empuxar cara o interior do conduto auditivo e causar tapóns. E o que é máis grave, poderíamos chegar a provocar perforacións no tímpano, algo que se volve moito máis sinxelo tendo en conta os movementos involuntarios que os peques fan ca cabeza. 

Limpeza dos oídos cando son un pouco máis maiores: cando teñen máis meses podemos ir lavando un pouquiño máis os seus oídos na hora do baño. Poderemos introducir unha pouca máis de auga pero sempre tendo en conta que non pode introducirse no pavillón auditivo. Xiraremos a cabeza da/o nena/o cando lle lavemos a cabeza e logo secaremos ben as orellas cunha toalla de algodón.

Protexer os oídos do frío: en inverno ou días con baixas temperaturas deberemos poñerlles gorros que tapen as súas orellas cando saiamos con eles á rúa.

En épocas estivais: se levamos ós máis pequenos á piscina ou á praia, non pasa nada se lles entra algo de auga pero tampouco é recomendable que entre demasiada porque se queda algunha estancada dentro do oído pode desembocar en fungos ou infeccións. 

Ruídos fortes: os oídos dos/as nenos/as están aínda formándose, polo que temos que ter moito coidado á hora de expoñelos a fortes ruídos. Convén non telos preto de sons estridentes ou moi fortes como os propios de concertos ou bares. 

Control polo/a especialista: o pediatra xa nos pautará sobre as revisións que se lle deben facer ó neno ou nena conforme vai medrando pero aínda así teremos que prestar moita atención ante calquera comportamento estraño. Por exemplo, un dos claros signos de que o noso bebé non escoita ben é que non xire a cabeza ante os ruídos cando xa ten idade para facelo. 

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel