Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a frustración, imos propoñerche unhas recomendacións para que te sintas cómodo e a gusto nestas datas tan sinaladas.
Consellos a seguir nas cenas de Nadal
- Intenta buscar un bo sitio á hora de sentarte. A ubicación axudará a evitar resonancias e é aconsellable ter unha parede detrás nosa. Deste xeito estariamos evitando os ruídos de fondo.
- Minimiza os ruídos de fondo. Se hai música, está posta a televisión... Pide que estea nun volume baixo. Así poderás seguir mellor as conversas.
- Mantén conversas coas persoas que teñas preto. Non intentes participar en conversas que se manteñen a distancia. Se queres falar con alguén que está lonxe túa, é aconsellable que te levantes e te achegues a el, sen necesidade de levantar a voz e cruzar outras conversas.
- Ten expectativas razoables. Probablemente non escoitarás ben todo o que che conten, pero non pasa nada. Fala coa xente e se é preciso que che repitan, pídeo.
- Non te angusties, desfruta o momento.
Entre todos os consellos que che podemos dar, o máis destacable é que empregues os teus audífonos nestas xuntanzas. Se non estás acostumado a empregalos, practica antes. Os audífonos vanche axudar a reafirmar a túa seguridade e sentirás que todo volve á normalidade.
Hai solucións a curto prazo como falar máis frote, saír das habitacións por exceso de ruído... Pero acaban xerando situacións sociais desagradables para ti e o teu entorno. Este debe ter paciencia e axudarche a atopar a forma de eliminar o problema.
Que precaucións debo ter en conta?
Se tes perda auditiva, debes saber que o Nadal coincide cos meses máis fríos do ano e que hai que coidarse para evitar enfermidades e infeccións porque poden complicar a túa audición, ou, se non sofres perda auditiva, ser un dos motivos para causala.
Ademais diso, estas datas caracterízanse polos ruídos excesivos. Nas reunións familiares en lugares pechados o nivel de decibelios aumenta e nos lugares públicos onde hai unha gran concentración de xente ou nos centros comerciais, ocorre o mesmo.
A música e nalgúns pobos e cidades, os fogos de artificio, tamén gañan moito protagonismo.
O noso consello neste caso é que evites estas situacións onde os decibelios recomendados se excedan e que nas reunións familiares o ruído estea controlado.
Non deixes que a perda de audición te limite, e menos nestas datas. Nos nosos centros Oe+ contamos con ofertas exclusivas para o Nadal. Concerta a túa cita para abordar o problema o antes posible.