A psicoacústica é unha vertente da psicofísica que estuda a relación que existe entre o estímulo de carácter físico que provoca un son e a resposta de carácter psicolóxico de cada ser humano. Isto é, estuda a relación que se establece entre as propiedades físicas e obxectivas dun son e a interpretación que fai delas o cerebro a un nivel máis subxectivo.
Cando se escoita un son, percíbense diferentes sensacións relacionadas con diversos aspectos. As máis comúns son as seguintes:
- Sensacións que permiten agrupar os sons en graves e agudos. Escóitanse os sons nas diferentes frecuencias comprendidas dentro do rango de audición e créase unha sensibilidade determinada a certas frecuencias.
- Sensacións de magnitude relacionadas ca forza, volume ou intensidade sonora. Aquí os oídos diferencian entre sons fortes ou débiles. O volume dun son non só depende da presión do mesmo, tamén da frecuencia.
- Sensacións que permiten distinguir sons de diferentes fontes aínda que estean nun mesmo rango de frecuencia ou nunha mesma intensidade sonora.
A psicoacústica é entón unha disciplina empírica, onde os resultados se extraen estatisticamente a través dos resultados concretos das probas realizadas a cada suxeito. Aquí, o deseño do experimento psicoacústico e as condicións nas que se vai a realizar son fundamentais para a extracción de resultados válidos. En canto ós procedementos técnicos máis comúns para levar a psicoacústica ó terreo son os seguintes:
- Método de axuste: o suxeito ten control sobre o estímulo.
- Método de seguimento: o suxeito ten control sobre o estímulo, pero só da dirección.
- Estimación de magnitude: a cada estímulo asignáselle un número en función da magnitude.
- Procedemento Si-Non: o suxeito debe informar ó audiólogo se considera que unha sinal sonora está ou non presente.
- Elección forzada dos intervalos: preséntanselle dous intervalos ó suxeito e ten que escoller se a sinal sonora procede dun ou doutro.
- Procedementos adaptables: a sucesión de estímulos é escollida polo audiólogo e dependen das respostas que vaia dando o suxeito.
- Comparación de pares de estímulos: consistente en detectar diferencias entre as dimensións de dous pares de estímulos.
En Oemais tamén ofrecemos servizos de psicoacústica a través dos cales chegamos ó mellor rendemento en canto ó emprego de audífonos. Co noso equipo ACAM5 partimos dunha función normal establecida tras un promedio obtido a través de persoas normooíntes, e así lograr establecer, coa colaboración dos usuarios de audífonos, uns valores de ganancia/intensidade personalizados, lonxe das estimacións que poden obterse cos métodos máis clásicos.
Acádase, en resumo, unha sonoridade “ó gusto” do cliente mantendo a comprensión da palabra.