A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras.
Emprego para persoas con discapacidade auditiva
Ter limitadas certas capacidades non implica carecer das habilidades necesarias para determinados empregos ou postos de traballo. As persoas que padecen estes problemas teñen unha preocupación maioritaria que é a da comunicación. Isto, pódese abordar empregando dispositivos de amplificación do son, sistema de lectura de beizos e comunicación por escrito.
Persoas que coñeces con problemas de audición
Sufrir un problema auditivo non é razón para sentirse discriminado, nin isto pode supoñer unha barreira para o desenvolvemento e crecemento tanto a nivel persoal como profesional. E se as chegase a haber, hai que derrubalas. Se estás lendo isto, non te desanimes e sigue loitando polo que buscas, tal e como fixeron:
- Carme Chaparro, xornalista e escritora, que sofre Síndrome de Ménière, o que lle provoca un asubío constante no oído.
- Luís Miguel, cantante mexicano que padece de acúfenos.
- Jodie Foster, actriz que non atendeu a tempo os seus problemas auditivos e agora é usuaria de audífonos.
- Santiago Segura, actor e director, sufriu unha xordeira súbita que ao pouco tempo remitiu pero comezou a padecer acúfenos ou tinnitus.
- Bill Clinton, o expresidente dos Estados Unidos ten unha deficiencia auditiva de alta frecuencia polo que non escoita ben en ambientes ruidosos e ten que empregar audífonos.
A lingua de signos
As persoas signantes teñen maiores índices de atención, discriminación visual e memoria visual a corto e longo prazo en relación as persoas oíntes.
Estas capacidades superiores poderían representar un nicho de traballo para as persoas con problemas auditivos, por exemplo, nos corpos de policía, aínda que pode ser extensible aos ámbitos sanitarios ou educativos. O estudo que se lles fixo para chegar a esta conclusión pódese ler aquí.
O papel das empresas
Nestes casos é importante que as empresas proporcionen adestramentos e recursos para os seus empregados con discapacidade auditiva, do mesmo modo que velar por políticas e prácticas inclusivas para garantir que teñan as mesmas oportunidades de emprego e promoción que os seus compañeiros sen discapacidade.
Se tes unha perda auditiva e queres revisar o teu oído, chama ao 981 747 921 (Cee), 981 973 137 (Ordes) 986 181 267 (Lalín) e atenderémoste.