Como se relacionan as depresións ca perda auditiva?

Publicado: 16 de agosto de 2021, 20:26
  1. Social
Como se relacionan as depresións ca perda auditiva?

Comunicarse cos demais e co entorno é unha das necesidades básicas do ser humano. Pensa nesas ocasións puntuais nas que non es capaz de comunicarte por non compartir idioma, por existir un ruído de fondo extremadamente alto ou por moitos outros motivos. É frustrante, verdade? Pois imaxínate que padeces problemas auditivos sen tratar e que isto se volve unha constante.

Por iso hai moitos estudos que confirman unha relación moi estreita entre a perda auditiva e os episodios de depresións ou certos tipos de demencia. Esta falta de comunicación e este illamento aféctanlle de maneira moi negativa ó estado de ánimo e isto debilita o benestar da persoa consigo mesma e co entorno.  

As sensacións máis comúns se padecemos unha perda auditiva e non a tratamos

A continuación imos enumerar aquelas sensacións máis comúns que se poden padecer como consecuencia dunha perda auditiva e que, consecuentemente, poden ir derivando pouco a pouco en capítulos de depresión:

  • Inseguridade: cando nunha conversa non somos capaces de entender o que nos din, aínda repetíndonolo, preferimos asentir sen entender exactamente o que nos están dicindo e permanecer calados.
  • Desconfianza: cando se repiten moitos sons e non somos conscientes, podemos chegar a pensar que quen nos está avisando deles pode que nos minta. Parécenos incrible non ser capaces de percibilos.
  • Baixa autoestima: cando non conseguimos participar nunha conversa sentímonos frustrados, ademais de esgotados, tras o esforzo feito por tratar de entender.
  • Ansiedade: pode supoñer unha fonte de ansiedade calquera situación social ou calquera conversa que se xere sen ser esperada. Sensación de vulnerabilidade e inseguridade.
  • Illamento social: pode chegar un momento no que optemos por illarnos dado que non nos cremos capaces de desenvolvernos con outras persoas. 

Todas estas son sensacións que, tarde ou cedo, rematan por apoderarse da persoa, conducíndoa en moitas ocasións a cadros depresivos. 

Estalle afectando a túa perda auditiva á túa vida social e persoal?

Para comprobar que ti non te atopas nesta situación e que non estás a padecer ningún problema comunicativo, contesta a estas preguntas. Se contestas “si” a máis dunha, deberías acudir a un especialista e facer unha revisión:

  1. Algunha vez sentiches vergoña ó coñecer xente nova debido á túa perda auditiva?
  2. A túa perda faite sentir frustradx ó falar cos teus familiares?
  3. Tes dificultades para escoitar cando alguén che fala en voz baixa?
  4. Algunha vez tiveches problemas derivados da túa falta de audición?
  5. A túa falta de audición supúxoche algún problema á hora de visitar amigxs e familiares?
  6. A túa falta de audición fixo que acudiras a menos eventos sociais que habitualmente?
  7. A túa falta de audición ten provocado liortas con algún/algunha familiar?
  8. A túa falta de audición cáusache problemas á hora de entender o que din na TV ou na radio?
  9. Cres que a túa falta de audición está a limitar a túa vida social e persoal?
  10. A túa falta de audición suponche algún problemas cando saes a comer con alguén?

Noticias relacionadas

Profesionais con perda auditiva 18 Xan

Profesionais con perda auditiva

18/01/2023 Social
A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras. Emprego para persoas con discapacidade auditiva Ter limitadas certas
O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais 5 Xul

O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais

05/07/2021 Social
O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser
A saúde auditiva e o rendemento no traballo 28 Xuñ

A saúde auditiva e o rendemento no traballo

28/06/2021 Social
Á hora de relacionar a saúde auditiva co rendemento no noso posto de traballo son dúas as cuestións que teremos que abordar. Por unha banda o baixo rendemento asociado a unha doenza auditiva sen tratar e, por outro, aqueles danos que está sufrindo a nosa audición ó expoñela a ruídos continuados en
Cine e xordeira: que películas non te podes perder 29 Abr

Cine e xordeira: que películas non te podes perder

29/04/2021 Social
O cine é unha ventá ó mundo para moitas e diversas temáticas. Un escenario con moito poder para dar a coñecer ou informar ó gran público sobre temas que igual non contan aínda con moita presenza, ou non ca que deberían. E a xordeira e os problemas de comunicación son un deles. Porén, ó longo da

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel