No mundo hai preto de 500 millóns de persoas que sofren problemas de audición. Porén, cando lle toca a unha acostuma a pensar que é das poucas ás que lle pasa. E isto fai que perciba esta dificultade cunhas dimensións que non se corresponden ca realidade. Incluso estas persoas se esquecen do máis importante e é que, de non tratar de arranxar o problema, isto afectará á súa calidade de vida e á forma de relacionarse cos demais, algo que, isto si, lles suporá moitas trabas e illamento.
Son varios os estigmas relacionados co deterioro da audición e co emprego de audífonos, pero o máis estendido é aquel que os relaciona ca vellez ou incluso ca discapacidade. Estas persoas non queren que os vexan así e que lles atribúan calidades que non lles corresponden.
Por outra banda está un estigma de carácter máis va, e é aquel que lles fai pensar ás persoas portadoras de audífonos ou outros aparellos que poden resultar menos atractivos ou atractivas polo feito de levalos.
E por último, a estética. Moitos/as pensan que estes aparellos son antiestéticos e incómodos. Estes aparellos son cada vez máis pequenos e con deseños máis agradables. Ademais, actualmente estanse a desenvolver e presentar solucións auditivas moi avanzadas que ademais de por solución ás necesidades do doente, traen consigo novos avances como a conexión con outros dispositivos de maneira inalámbrica (smartphones, tv, tablets...).
É preciso, polo tanto, erradicar estes estigmas porque son os que lles impiden a moitas persoas con problemas de audición asumir a súa dificultade e acudir a un especialista. Estas persoas non son conscientes realmente de que, conforme pase o tempo sen tratamento, os seus problemas se poden agravar ata volverse irreversibles.