Gozar dunha boa saúde auditiva é esencial se conducimos dado que moita da información relevante chega a nós a través deste medio. Entre estes ruídos informativos podemos citar o ruído do motor que nos alertará de que todo funciona correctamente, ou non; o chifre dun axente; o pito doutro coche; as sirenas da policía indicándonos que nos deteñamos ou tamén as sirenas dun vehículo de emerxencia solicitándonos paso.
Este problema é esencialmente perigoso en idades superiores ós 65 anos, onde as perdas auditivas son máis frecuentes. A OMS afirma que unha de cada tres persoas pertencentes a este rango de idade padece trastornos auditivos. A importancia é tal que nos Centros de Recoñecemento para condutores de España, o 2% dos informes médicos que se realizan están enfocados a comprobar a agudeza auditiva de cara á condución.
Que di a DXT sobre as perdas auditivas
A DXT é moi clara en canto á combinación de perdas auditivas e condución, fixando determinadas restricións en relación ó porcentaxe de perda auditiva do individuo. Neste sentido, as persoas con perda de agudeza auditiva poderán seguir conducindo cos permisos non profesionais (turismos, motos...os do 1º grupo). Porén, se a perda de agudeza auditivo combinada en ambos oídos é superior ó 45%, estas deberán levar no vehículo un espello panorámico interior e retrovisores en ambos lado do vehículo. Se a perda auditiva combinada é superior ó 35%, estas persoas non poderán obter ou prorrogar permisos de conducir do grupo 2º, é dicir, permisos profesionais.
O tráfico é unha das principais causas da contaminación acústica
A OMS cuñou o termo “contaminación acústica” no ano 2019 e fixou os ruídos provenientes do tráfico como unha das principais causas deste fenómeno, o cal é actualmente o segundo maior problema medioambiental en Europa (logo da contaminación do aire por mor das partículas).
Esta problemática ten á súa vez un gran impacto na saúde provocando trastornos como o estrés, problemas de sono, afeccións das capacidades cognitivas, enfermidades cardiovasculares e respiratorias. Moitas delas, ademais, poden desembocar en patoloxías que afectan ós oídos.
En datos, a AEMA (Axencia Española so Medio Ambiente) afirma que a exposición a altos niveis de ruído “xera un alto risco para a saúde das persoas” e estima que en Europa causa a morte prematura de ata 16.000 persoas, provocando estrés a 32 millóns de adultos e problemas co sono a outros 13 millóns. A mesma AEMA afirma que a contaminación acústica provinte do tráfico aféctalle a 100 millóns de persoas en toda Europa, das que 73 millóns viven en cidades. En España, os niveis excesivos de ruído aféctanlle a 12 millóns de persoas ó longo do día e a 9,5 millóns pola noite. Ademais, o ruído do tráfico por estrada causa o 80% da contaminación acústica presente nas zonas urbanas.