Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións.
Como inflúe o frío?
O noso corpo sabe como protexerse dos axentes externos porque ten os seus propios mecanismos. O frío exterior provoca a contracción dos pequenos vasos sanguíneos que se atopan no oído dotando de osíxeno á zona. Como consecuencia, redúcese o fluxo sanguíneo que vai cara o pavillón auditivo, é dicir as nosas orellas, sendo así que esa mala circulación pode chegar a producir a desagradable dor de oídos.
A menor temperatura, maior vasoconstrición, e polo tanto maior posibilidade de padecer molestia no interior do oído.
Como protexemos os nosos oídos?
Aínda que o frío estea presente durante moitos días nesta estación, segundo un estudo de Oi2, un 53% da poboación recoñece non protexelos todo o necesario.
Nestes casos podemos empregar gorros ou orelleiras, que son os grandes aliados para previr as infeccións e inflamacións de oído. Se practicas natación ou deportes acuáticos, é aconsellable o emprego de protectores auditivos mentres realizas a actividade e secar ben os oídos cando saes do baño.
Nestes casos, o tipo de tela tamén é importante xa que a la ou os tecidos polares reteñen mellor a calor e permiten a circulación do aire.
Podes reducir o risco de infeccións se mantés as orellas quentes e secas cando estás ao aire libre, mais tamén podes sufrir infeccións por virus ou bacterias que compliquen a situación.
A importancia da hixiene
Ter os oídos limpos é unha condición tamén moi importante para non ter problemas neles. Lembra que é desaconsellable o uso de bastonciños e cando empregues auriculares, controla o tempo de uso para evitar a obstrución da circulación de aire e aumentar o risco de infeccións.
Calquera problema que notes na túa audición, chama ao teu audiólogo para atallar o problema o antes posible.