Cando falamos de discapacidade auditiva referímonos a calquera problema de oído que afecte á audición das persoas, polo que podemos atoparnos diferentes tipos en función da causa da perda, da idade e do grado. Así, haberá persoas que podan seguir unha conversa con facilidade e outras con dificultade, dependendo do número de sons que perciban, porque poden non percibir ningún. Polo tanto, entre a poboación estudantil, pode haber estudantes con xordeira que se comuniquen de forma bimodal ou empreguen soamente a lingua de signos ou a lingua oral.
Estratexias eficaces
Os problemas de audición son invisibles, a non ser que a persoa coa que te estás a comunicar cho diga previamente. Polo tanto, para que o teu alumno consiga superar o curso académico debes ter en conta o seguinte:
- Falar sempre de fronte, mirando aos ollos.
- Falar cun ritmo normal.
- Facilitar a lectura labial.
- Realizar explicacións breves e concisas.
- Ser expresivo coa cara e coa voz.
- Empregar xestos ou recorre á escritura para facerte entender.
- Sentar aos cativos con discapacidade auditiva na primeira fila.
- Facilitarlles o material que empregues por escrito e con antelación.
- Empregar vídeos subtitulados.
- Evitar os desprazamentos e estar o máis preto posible del.
Se ves que o teu alumno aínda así non consigue seguir a clase, pode ser que precise dun intérprete de lingua de signos. Se xa o neno xa se comunica por lingua de signos, debes empregar todos os medios escritos posibles para facerlle entender o que se imparte na aula.
Os nenos que sofren dalgún problema auditivo adoitan ter erros morfosintácticos na escritura ou precisan dalgunha aclaración por parte do profesor. A acústica da aula e a presenza de logopedas nos colexios son factores que influirán no mellor desenvolvemento e rendemento do menor.
No noso anterior post explicámosche en que consiste o noso servizo de audioloxía pediátrica. Consúltao e se calquera dúbida, escríbenos!