O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día.
Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos, literalmente, a vida.
Tapóns individualizados para favorecer o sono
Coidar o sono ao longo do noso período de descanso pode ser ás veces complicado, debido aos sons que podemos ter no noso ambiente máis achegado, como poden ser os ronquidos, ou os ruídos da rúa e do tráfico. Dado que na maioría destas ocasións resulta case imposible atender a unha modificación sobre as fontes de ruído, o uso de tapóns como remedio pouco invasivo pode resultar definitivo para favorecer ou solucionar de cheo a vixilia ou mal durmir de quen se ve afectado polas susoditas molestias sonoras.
Persoas que teñen quendas fixas de noite ou rotatorias, alterando así os seus ciclos de sono, son habitualmente sufridoras destas situacións.
Mellorar a concentración co uso de tapóns
O uso de tapóns para axudar coa concentración durante o estudo ou a lectura, son outros motivos polos que as persoas deciden facer uso de tapóns individualizados. A mellora da experiencia que proporciona unha redución de posibles distraccións, consegue optimizar os resultados obtidos durante o tempo invertido en actividades que requiren dunha atención e introversión plena.
Se tes que afrontar un período de exames ou estás a preparar unha oposición, non dubides en probar os tapóns como método de concentración.
Tapóns para procesos meditativos
Quizais é o uso menos coñecido por todos, pero os tapóns tamén axudan á inmersión en procesos meditativos. Mindfulness, meditación vipassana, meditación zazen ou simplemente, introspección en silencio, son diferentes técnicas que procuran unha quietude mental que pode verse interrompida por elementos externos, principalmente sonoros e con maior probabilidade nos inicios deste tipo de prácticas, cando o nivel de concentración e abstracción do practicante son máis febles.
Para obter un mellor resultado, os tapóns recoméndase adquirilos sempre como individualizados, é dicir, feitos a medida, principalmente se a actividade ten vistas de prolongarse no tempo.
A valoración previa por parte dun profesional especialista en audioloxía protésica, a comodidade que nos ofrecen evitando dores ou que se saian das orellas a cada pouco, así como a súa maior durabilidade (mínimo 3 anos) e hixiene xa que se poden limpar facilmente, inclina a balanza ao seu favor en detrimento dos tapóns de uso temporal con materiais que se degradan ao pouco, como espumas ou ceras.
Para durmir máis, concentrarte máis e desfrutar máis dun libro... achégate a calquera dos nosos centros auditivos Oe+ e avaliaremos a túa necesidade para darche a solución máis axeitada.