Sabes que fumar lle afecta á túa audición?

Publicado: 10 de novembro de 2020, 18:00
  1. Recomendacións
Sabes que fumar lle afecta á túa audición?

As persoas fumadoras teñen un 70% máis de probabilidades de padecer trastornos auditivos. Existen diferentes estudios que confirman que a exposición ó fume do tabaco lle afecta ó noso sentido auditivo, agudizándose os danos canto máis tempo nos expoñamos a el e canto maior sexa a súa intensidade. Desta maneira, esta doenza afecta tamén ós fumadores pasivos.

Pero, cal é exactamente a relación entre unha cousa e outra? O noso corpo é unha máquina perfecta onde todas as partes que o compoñen están dunha maneira ou outra relacionadas entre si. Neste caso, o feito de fumar fai que os nosos vasos sanguíneos se estreiten considerablemente ó entrar en contacto co fume do tabaco. E unha redución da cavidade destes vasos fai que o oído reciba menos fluxo sanguíneo e iso lle acabe afectando ás súas capacidades. Isto vólvese especialmente perigoso cando o contacto co tabaco, xa sexa de forma activa ou pasiva, se prolonga máis de 10h. A afección auditiva máis habitual en persoas fumadoras é o tinnitus. O risco de padecelo é ata 4 veces maior en persoas fumadoras (aínda que só consuman 4 ou 5 cigarros ó día) que en persoas non fumadoras. 

Se te atopas nesta situación, estanse a desenvolver tratamentos que poden diminuír as lesións das células auditivas a través de correntes eléctricas pero, sen dúbida, o máis recomendable é deixar de lado este mal hábito. As investigacións na materia confirman, ademais, que se rexistra unha considerable diminución do risco de padecer perdas auditivas unha vez que se logrou o abandono desta práctica. 

 

Noticias relacionadas

Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos 24 Feb

Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos

24/02/2025 Recomendacións
Elixir o audífono adecuado é unha decisión clave para recuperar a túa audición e mellorar a túa calidade de vida. En OE+ Centros Auditivos, con sedes en Lalín, Cee e Ordes, ofrecemos asesoramento profesional e solucións personalizadas para cubrir as necesidades de cada paciente. Neste artigo,
Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana 17 Feb

Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana

17/02/2025 Recomendacións
No mundo actual, manter unha vida socialmente activa é fundamental para o noso benestar emocional e físico. Porén, para as persoas con perda auditiva, participar en conversacións, disfrutar de eventos sociais ou incluso manter relacións persoais pode converterse nun desafío. En OE+ Centros
En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel