O tinnitus é unha molestia auditiva que consiste na escoita continuada dun son similar a un zumbido ou a un pititdo, sen que exista un elemento real que os produza. O tinnitus, tamén coñecido como acúfenos, soe vir xerado por unha afección subxacente como a perda auditiva relacionada ca idade, unha lesión no oído ou un trastorno do aparello circulatorio. Moitas persoas din que notan melloría en canto ó padecemento de tinnitus cando a notan tamén nesas molestias previas; outras empregan outros sistemas como uso de tapóns para disimular esa sensación.
Pero unha das peores consecuencias desta problemática e que lle afecta á maior parte de quen a padece son as dificultades para conciliar o sono. A continuación dámosvos uns consellos para conseguir tratar de facer máis liviás esas noites.
Consellos para conseguir durmir mellor cando se padece tinnitus
- Ir á cama máis ou menos á mesma hora todas as noites e poñer o espertador para a mesma hora todas as mañás.
- Camiñar ou facer un pouco exercicio cada día, pero nunca antes de ir para a cama.
- Pechar as cortinas e persianas para que a habitación esté o suficientemente escura para conseguir durmir e tratar de manter tamén unha temperatura agradable.
- Evitar ver a televisión na cama e tamén comer ou ler se estamos nela.
- Durmir deitado de costas ou de lado e evitar durmir boca abaixo.
- Evitar durmir a sesta. Se nos atopamos cansados pola tarde é mellor saír camiñar que durmir, se o facemos non o conseguiremos pola noite.
- Evitar alimentos e bebidas que conteñan cafeína. Incluímos aquí, ademais do café, o té e o chocolate. Non beber nunca alcohol unha hora ou dúas antes de ir durmir.
- En xeral, evitar facer calquera actividade que estimule o corpo ou a mente antes de ir a durmir. Complicaranos moito a conciliación do sono.
- Empregar un ventilador ou un emisor de ruído branco para contrarrestar a molestia dos pitidos.
- Establecer unha rutina diaria antes de ir para cama. Unha rutina que nos permita relaxarnos.
- Unha vez deitados, respirar profundamente e relaxarse. Sentir que os músculos se relaxan e pensar en cousas agradables.
Se levadas a cabo estas rutinas aínda che segue resultando moi complicado conseguir durmir, o último que debes facer é permanecer na cama. Isto conducirate a unha situación de nerviosismo, estrés e angustia; polo que é mellor erguerse e realizar algunha actividade que nos permita relaxarnos