Os teus oídos tamén precisan un coidado especial en outono

Publicado: 06 de outubro de 2021, 18:40
  1. Recomendacións
Os teus oídos tamén precisan un coidado especial en outono

O outono caracterízase por unha serie de cambios ambientais e climatolóxicos que inevitablemente interfiren na nosa saúde auditiva. Por que? Porque os descensos de temperatura propios destes meses soen vir acompañados de arrefriados e gripes que afectan ó sistema respiratorio e, consecuentemente, tamén ós nosos oídos ó estar intimamente relacionados cas vías respiratorias superiores. 

Pero non só a baixada de temperaturas, a choiva, o vento ou a humidade son tamén factores que poden afectarlle ó noso sistema inmunolóxico e á nosa audición. A principal problemática auditiva derivada deste contexto outonal son as otites e quen máis a padecen os nenos e nenas e as persoas maiores, dado que as súas defensas son máis baixas ou máis débiles. 

Que fago para coidar os meus oídos en outono?

A continuación traémosvos unhas recomendacións para coidar os vosos oídos nos meses outonais e facer así que a vosa audición non se vexa resentida:

  1. Evita os cambios bruscos de temperatura e abrígate. Protexe as túas orellas con gorros ou orelleiras pero sobre todo protexe a zona da túa boca e nariz con bufandas. Desta maneira o frío non entrará na garganta, algo moi importante xa que os oídos están conectados ca nariz e ca boca.
  2. Evita os espazos pechados que estean mal ventilados e evita fumar, xa sexa de forma activa ou pasiva. Por que? Porque o tabaco favorece a acumulación do moco.
  3. Ó ducharte sécate sempre ben para evitar que a humidade se acumule nos oídos. E ademais, trata de eliminar a acumulación de cera na zona externa. Pero lembra, nunca introduzas bastonciños nos oídos.
  4. Se notas que o frío lle afectou ós teus oídos e sentes dor, aplica sobre eles calor seca. Se a dor persiste terás que acudir a un especialista.
  5. Se atravesas unha otite, que un profesional che confirme que xa está erradicada. Pola contra, os danos poden ir a peor sen que te des conta.
  6. Limpa con moita frecuencia e cun pano seco os teus audífonos e ten a costume de empregar deshumidificadores para eliminar a humidade das estancias.
  7. De forma periódica e sempre que chegues á casa, limpa as túas mans para evitar levar bacterias á zona das vías respiratorias.
  8. Mantén unha alimentación axeitada e adaptada a esta época do ano. Consume moita vitamina B-12, a cal favorece o sistema inmunolóxico.

 

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel