Hábitos para manter unha boa saúde auditiva

Publicado: 10 de decembro de 2020, 14:00
  1. Recomendacións
Hábitos para manter unha boa saúde auditiva

Estamos moi pendentes de non coller catarros, febres, de manter unha boa saúde visual e dental, queremos estar en forma para ter unhas mellores capacidades físicas etc. Pero, chagamos a pensar con tanta frecuencia e normalidade en como se atopan os nosos oídos? Coñecemos a importancia dunha boa saúde auditiva e sabemos que consecuencias poderíamos padecer no caso de descoidala? Neste artigo falaremos de como podemos coidar a nosa audición, costumes que deberiamos anotar para traballalas no día a día e gozar dun bo estado auditivo, agora e no futuro. 

Evitar ruídos fortes 

Como xa sabemos, a potencia dos sons exprésase en decibelios (dB). E se estes superan un número determinado de dB pódense volver perigosos e daniños para a nosa saúde auditiva. Isto ocorre en lugares onde nos sometemos a sons moi altos como zonas de ocio (pubs, discotecas, concertos...) e tamén en determinados ambientes de traballo. Se estamos no caso, teremos que empregar elementos de protección como cascos illantes ou tapóns feitos á medida que atenúen un pouco o volume do son. 

Ter coidado cando esteamos en contacto ca auga 

Cando os oídos entran en contacto ca auga pode darse unha doenza moi habitual, a otite ou infeccións por fungos. Neste caso é sempre recomendable empregar tamén tapóns e secar correctamente os oídos tras o baño. No caso de non empregar os tapóns teremos que evitar os movementos bruscos ó entrar na auga e mentres esteamos nela. 

Limpar os oídos con coidado e nunca de forma excesiva

A cera que producen os nosos oídos é boa. Si, é boa; e non, non é sinónimo de falta de limpeza. É un método de autolimpeza dos propios oídos para protexerse contra posibles infeccións. Nunca introduzas bastoncillos posto que poden danar o tímpano. Con pasar unha toalla húmida pola orella ó saír da ducha será suficiente. 

Ter coidado con outras doenzas como gripes ou alerxias 

Moitas doenzas deste estilo poden derivar en infeccións nos nosos oídos, polo que deberemos estar atentos para tratalas. Neste caso nunca debemos recorrer á automedicación, posto que poderíamos agravar aínda máis as doenzas. Por último, tamén hai que ter coidado cos cambios de presión no oído (cando esbichamos ou nos sonamos ou cando viaxamos en avión) e cos cambios de temperatura. 

Protexerse dos fortes ventos

Aínda que pareza mentira, a forza do vento tamén lle pode afectar á nosa audición. Se nos acompaña un tempo con ventos moi fortes deberemos evitar unha continua exposición a eles porque tamén poderían provocar algún tipo de infección nos oídos. Unha situación moi común é viaxar ca ventá do coche aberta, algo que, se sopra o vento, non é nada recomendable. 

Coidado ó falar moito por teléfono ou empregar moitos aparellos electrónicos

Moitas persoas, xa sexa por cuestións de traballo ou por costumes persoais, botan moito tempo falando por teléfono. Se estás no caso, é moi recomendable cambiar o teléfono de orella cada certo tempo para que non se nos resintan. Pero esta costume expándese ó emprego de moitos outros aparellos electrónicos como os auriculares. Temos que controlar a intensidade e o tempo de uso posto que, sen darnos de conta, están provocando un dano irreparable na nosa audición. E o que é máis preocupante, está ocorrendo cada vez a idades máis curtas. 

 

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel