O tinnutis, tamén coñecido como acúfenos, é unha das doenzas auditivas máis habituais. Segundo a Asociación Americana de Tinnitus, esta molestia aféctalle ó 15% da poboación. Aínda así, moitas destas persoas non son conscientes de que están a padecer esta problemática pois asocian os seus síntomas a episodios de cansazo ou estrés.
Definiremos de novo o tinnitus para expoñer, a continuación, todos os mitos falsos que existen en torno ó padecemento desta doenza. O termo ‘tinnitus’ emprégase para definir a un timbre ou a un zumbido recorrente que sentimos nos nosos oídos. Pode ser máis suave ou máis forte e máis agudo ou máis grave. Ademais, tamén se pode escoitar nos dous oídos ou nun só. En canto ás súas causas, soe vir derivado doutras doenzas que lle afecten ó sistema auditivo (oído, nervio auditivo que conecta o oído interno co cerebro e as partes do cerebro que procesan o son), entre elas, por exemplo, a perda de audición inducida por ruído, infeccións, enfermidade de Ménière, tumores cerebrais etc. En caso de experimentar síntomas que nos indiquen que podemos estar a padecer tinnitus, deberemos acudir ó médico de cabeceira que nos derivará ó audiólogo/a no caso de que se trate dun problema no sistema auditivo.
Os falsos mitos máis recorrentes en canto ó padecemento de tinnitus
Pero aínda que sexa unha doenza moi habitual entre a poboación, existe tamén aínda moito descoñecemento sobre as súas causas e os seus síntomas, chegándose a dar por válidas afirmacións que realmente non o son. Entre elas atopamos de forma recorrente as seguintes:
- É unha enfermidade incurable
- O tinnitus está na cabeza
- Os zumbidos poden desaparecer se cambiamos certos aspectos da nosa alimentación
- O tinnitus soe aparecer por escoitar música a altos niveis e por empregar auriculares
- Só experimentan tinnitus as persoas que teñen problemas de audición
- Existen pastillas para que desapareza esta doenza
- Toda persoa que padeza tinnitus acabará por estar xorda
- Os audífonos non axudan a mellorar o tinnitus
- A única forma de manifestarse o tinnitus é a través de zumbidos nos oídos
- Non se pode facer nada en contra desta doenza