O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume.
A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á lixeira inclinación que ten a nosa canle auditiva, consegue un efecto de “autolimpeza” do que non se é consciente e que mantén a canle auditiva despexada.
Pero, nalgunhas persoas, as glándulas producen máis cerume do que o oído é capaz de eliminar mediante o proceso anterior, ou ben porque ten unha canle estreita que se tupe con pouca cantidade de cera. Se sucede isto, ese exceso pode endurecerse e acabar formando o que se coñece como “tapón”.
Como protexe a cera ao oído
A cera é unha aliada que temos para protexer o oído. Grazas a ela impídese que polvo, bacterias e outros microorganismos como insectos, ao igual que pequenos obxectos, penetren e causen danos no oído.
Por outro lado, protexe a delicada pel do conduto auditivo cando lle entra a auga e evita infeccións de oído, como a otite, que doutra forma aparecerían case cada vez que se lava a cabeza ou ao meterse na auga.
Como se debe limpar o oído
Non se deben introducir elementos para limpar o exceso de cera porque se pode empurrar a cera a unha zona máis profunda, podendo bloquear de todo o conduto auditivo e causar maior sensación de xordeira ou oclusión.
Non se deben usar chaves, agullas ou palillos. Tampouco os bastonciños hixiénicos, porque se pode chegar a perforar o tímpano.
Se se necesita eliminar o exceso de cera hai que acudir a un profesional capacitado para realizar unha correcta limpeza. Como consello, para autolimparse os oídos a mellor opción é empregar unha toalla ou pano fino limpos e unicamente usar os dedos como ferramenta.