Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

Publicado: 15 de decembro de 2022, 13:14
  1. Recomendacións
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a frustración, imos propoñerche unhas recomendacións para que te sintas cómodo e a gusto nestas datas tan sinaladas.

Consellos a seguir nas cenas de Nadal

  • Intenta buscar un bo sitio á hora de sentarte. A ubicación axudará a evitar resonancias e é aconsellable ter unha parede detrás nosa. Deste xeito estariamos evitando os ruídos de fondo.
  • Minimiza os ruídos de fondo. Se hai música, está posta a televisión... Pide que estea nun volume baixo. Así poderás seguir mellor as conversas.
  • Mantén conversas coas persoas que teñas preto. Non intentes participar en conversas que se manteñen a distancia. Se queres falar con alguén que está lonxe túa, é aconsellable que te levantes e te achegues a el, sen necesidade de levantar a voz e cruzar outras conversas.
  • Ten expectativas razoables. Probablemente non escoitarás ben todo o que che conten, pero non pasa nada. Fala coa xente e se é preciso que che repitan, pídeo.
  • Non te angusties, desfruta o momento.


Entre todos os consellos que che podemos dar, o máis destacable é que empregues os teus audífonos nestas xuntanzas. Se non estás acostumado a empregalos, practica antes. Os audífonos vanche axudar a reafirmar a túa seguridade e sentirás que todo volve á normalidade.


Hai solucións a curto prazo como falar máis frote, saír das habitacións por exceso de ruído... Pero acaban xerando situacións sociais desagradables para ti e o teu entorno. Este debe ter paciencia e axudarche a atopar a forma de eliminar o problema.


Que precaucións debo ter en conta?


Se tes perda auditiva, debes saber que o Nadal coincide cos meses máis fríos do ano e que hai que coidarse para evitar enfermidades e infeccións porque poden complicar a túa audición, ou, se non sofres perda auditiva, ser un dos motivos para causala.
Ademais diso, estas datas caracterízanse polos ruídos excesivos. Nas reunións familiares en lugares pechados o nivel de decibelios aumenta e nos lugares públicos onde hai unha gran concentración de xente ou nos centros comerciais, ocorre o mesmo. 
A música e nalgúns pobos e cidades, os fogos de artificio, tamén gañan moito protagonismo.
O noso consello neste caso é que evites estas situacións onde os decibelios recomendados se excedan e que nas reunións familiares o ruído estea controlado.


Non deixes que a perda de audición te limite, e menos nestas datas. Nos nosos centros Oe+ contamos con ofertas exclusivas para o Nadal. Concerta a túa cita para abordar o problema o antes posible. 

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,
Como comunicarse cun alumno que sofre discapacidade auditiva? 20 Set

Como comunicarse cun alumno que sofre discapacidade auditiva?

20/09/2022 Recomendacións
Cando falamos de discapacidade auditiva referímonos a calquera problema de oído que afecte á audición das persoas, polo que podemos atoparnos diferentes tipos en función da causa da perda, da idade e do grado. Así, haberá persoas que podan seguir unha conversa con facilidade e outras con

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel