Verbenas, concertos e festivais supoñen un risco para a saúde auditiva. Escoitar música cun elevado volumen durante un longo periodo de tempo pode provocar danos irreparables como pode ser acúfenos, pérdida de audición ou hipoacusia.
Protexer os oídos en situacións laborais moi ruidosas e nocivas para a saúde ten unha maior concienciación, pero en situacións lúdicas esquecémonos e non se ten en conta. Un risco moi perigoso sobre todo en bebés, nenos pequenos e adolescentes.
Do mesmo xeito que ningún pai levaría aos seus fillos á praia sen crema protectora; o mesmo debería suceder coa protección fronte aos ruídos. E non só estamos a falar de festivais ou concertos, senón de moitas ocasións nas que os decibeis aumentan de forma significativa, como as verbenas e festas dos pobos, fogos artificiais, eventos deportivos, procesións, etc. De feito, España está considerado un dos países máis ruidosos do mundo.
Como podemos protexer os oídos dos cativos en concertos e festivais
En situacións de exposición ao ruído poden usarse cascos prorectores ou tapóns protectores feitos a medida para nenos.
Estas medidas protectoras non impiden que os máis novos poidan gozar da música. Unicamente reduce o número de decibeis (dB) ata unha cantidade tolerable polo oído infantil. Por exemplo, en discotecas ou concertos, o nivel de ruído é superior a 100dB, o que significa que 15 minutos serían suficientes para causar posibles danos irreversibles na súa audición. Porén, os cascos reducen o ruído ata 30dB, unha maneira segura de escoitar música.
En Oemais, ademais de tapóns realizados a medida contamos tamén con un servizo de audioloxía pediátrica avanzado no noso centro de Ordes. Consúltanos sen compromiso!