Consellos para convivir con persoas con problemas auditivos

Publicado: 02 de agosto de 2022, 11:08
  1. Recomendacións
Consellos para convivir con persoas con problemas auditivos

Cando unha persoa sofre perda auditiva, os seus familiares e achegados teñen un papel moi importante para conseguir unha boa comunicación con ela para evitar malentendidos, mellorar a convivencia e as relacións sociais en xeral.

Como axudar a unha persoa con perda auditiva

Sobre todo, tendo paciencia e poñéndose no seu lugar. Hai que recomendarlles revisar a audición, animalos a probar unha adaptación con audífonos e seguir os consellos do centro auditivo. 

Se xa teñen audífonos, recordarlles que fagan revisións periódicas e non berrarlles, hai que vocalizar ben e falar de fronte para que teñan apoio da beizolectura. Tamén hai que ter en conta os espazos ruidosos, evitando falarlles nestas circunstancias.

En moitas ocasións, estas persoas evitan coincidir cos veciños, xogar a partida, estar sentadas á mesa ou falar por teléfono porque non son capaces de seguir unha conversa. Isto aféctalles á súa autoestima e independencia, podendo dar lugar a confusións ou á perda de confianza no seu entorno.

Un audífono non é un psicólogo, pero axuda en todos os aspectos vitais, mellora a memoria e en casos de demencia, oír ben favorece un mellor funcionamento cerebral, axudando a retrasar a evolución deste tipo de patoloxías.

A chegada da COVID-19 e o uso de máscara descubriu numerosos problemas auditivos. Se queres revisar o teu oído, ponte en contacto con nós e pide cita.

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel