Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.
No noso centro de Ordes, autorizado pola Consellería de Sanidade para a audioloxía pediátrica, Marlene Rodríguez é a encargada de realizar revisións e adaptacións para cativos e cativas menores de 10 anos.
Que probas se lles fan aos nenos para detectar perda autidiva?
Por un lado, probas subxectivas nas cales se realizan actividades que permiten observar un cambio de comportamento no neno ante un estímulo sonoro. Para este tipo de probas precísase da colaboración do menor, polo é necesario adaptar as probas á idade e características que presente o cativo.
Nós realizamos probas de reflexos visuais, nas que o neno ou nena asocia sons a determinadas imaxes. A medida que aumenta a idade, facemos outras probas con xogos lúdicos como insertables ou xogos de construción e deste xeito, mentres o pequeno disfruta e está entretido, nós facemos as medicións e temos en conta todo aquilo que é preciso para realizar unha correcta revisión.
Por outro lado, probas obxectivas, que se realizan sen a colaboración do neno e informan da integridade das estruturas da vía auditiva, segundo o tipo de proba que se realice.
Fanse a través de Potenciais Evocados Auditivos (PEA), que poden ser tanto de tronco como de estado estable. No noso centro engadimos a posibilidade de realizar esta proba coa prótese auditiva posta e así pódese facer unha comparación con e sen prótese para obter unha avaliación moito máis fiable e completa.
Lembra que nos adaptamos aos horarios dos nenos e tamén realizamos as probas de forma personalizada. Non dubides en comentarnos.
Nos seguintes vídeos explicámosvos en que consistes as probas que facemos aos máis pequenos da casa. Na nosa canle de YouTube, podedes atopar máis información sobre o servizo de audioloxía pediátrica e sobre outros servizos que ofrecemos nos nosos centros auditivos en Cee, Ordes e Lalín.