Coa chegada da primavera comeza o bo tempo, pero para moitas persoas tamén supón a época das molestas alerxias.
A floración e polinización das plantas provoca nunha gran parte da poboación alteracións de carácter respiratorio como estornudos, irritación de ollos, conxestión nasal, otitis e perda auditiva. Neste artigo explicámosche como a primavera pode afectar ao teu oído e como podes coidar a túa audición nesta estación do ano.
Por que a primavera pode causar perda auditiva?
A alerxia na primavera afecta, en maior ou menor medida, ás nosas vías respiratorias, o que conleva unha sensación dunha maior presión nos nosos oídos. Pero, sabes cal é causa?
Isto ocorre porque os oídos se comunican directamente coa nosa boca e o nariz. As trompas de Eustaquio, que conectan o oído medio coa naso-farinxe, se inflaman e diminúen o seu diámetro provocando, deste xeito, que a ventilación do oído medio tamén se vexa afectada. O oído medio reacciona producindo unha mucosidade que tapona os oídos, e en consecuencia, provocando unha diminución da audición ou mesmo infeccións ou lesións auditivas, sobre todo nos nenos, xa que as súas trompas de Eustaquio están menos desenvolvidas e a acumulación de mucosa é máis frecuente.
Consellos para coidar a túa audición na primavera
- Mantén unha adecuada hixiene auditiva. Para a limpeza dos oídos non introduzas ningún elemento que poida empurrar a cera contra o tímpano. E consulta no teu centro de saúde ou co teu audiólogo/a para facelo de forma correcta.
- Na medida do posible, evita saír á rúa nas horas na que a concentración de pole é maior: amencer e atardecer, sobre todo en parques e xardíns.
- Protéxete dos cambios de temperatura e non abuses do uso do aire acondicionado.
- Utiliza lentes de sol para cubrir os teus ollos e evita correntes de aire fortes con concentracións elevadas de pole.
- Na casa ventila dez minutos e logo mantén as ventás pechadas para impedir que o pole chegue ao domicilio.
- Se utilizas audífonos, evita a humidade e as altas temperaturas xa que o pole pode obstruir o dispositivo e averiarlo.
- E o máis importante, visita ao teu centro auditivo se notas dor de oídos, zumbidos, perda auditiva, vertixe…Previr sempre é mellor que curar.