Auriculares con cancelación de ruído: que son exactamente?

Publicado: 20 de novembro de 2020, 12:00
  1. Tecnoloxía
Auriculares con cancelación de ruído: que son exactamente?

Os auriculares, xa sexan con cable ou inalámbricos, de diadema ou de botón, son uns dos aparellos máis empregados a día de hoxe. A súa conexión ós smartphones fai que poidamos levar a música con nós en todo momento e a calquera lugar. Pero todo ten os seus inconvenientes e é que, un uso excesivo dos auriculares ou a escoita de música a niveis moi altos pode traernos graves problemas para a nosa saúde auditiva. E isto complícase un pouco máis se temos en conta que un dos grupos sociais que máis os emprega é a xuventude, facéndose así evidentes os problemas de xordeira a idades cada vez máis prematuras. A OMS, de feito, advirte de que 1.100 millóns de persoas a nivel mundial entre os 12 e 35 anos están en risco de perder audición polo ruído procedente de estes dispositivos. 

É importante entón dar cuns auriculares que dilúan o máximo posible o ruído exterior para permitirnos escoitar a nosa a música a niveis máis baixos e que isto non sexa tan prexudicial para os nosos oídos. É neste punto no que imos falar dos auriculares con cancelación de ruído activa ou ANC (do inglés Active Noise Control). Existen tamén os de cancelación de ruído pasiva, pero estes tan só se basean nun illante físico entre a carcasa ou parte externa do auricular e a parte que vai pegada á nosa orella; polo que non son 100% efectivos xa que sempre deixan pasar os ruídos do exterior aínda que sexa de maneira máis tenue. Pero a cancelación de ruído activa actúa de maneira diferente. Son os que nos permiten anular o ruído non desexado baseándose na teoría da interferencia de ondas. O son transmítese en forma de ondas sonoras e cando coinciden varias no mesmo espazo o que fan é sumarse e crear interferencias. Estas interferencias poden ser construtivas (se as dúas ondas teñen a mesma disposición) ou destrutivas (se as ondas teñen disposición inversas). O que fan polo tanto os auriculares con cancelación activa de ruído é crear unha onda sonora simétrica á onda de ruído ambiente, pero de disposición contraria. Así, ó sumarse anularanse e provocarán a cancelación. 

A experiencia de empregar este tipo de auriculares é moi diferente á de usar os auriculares convencionais, porén, a súa efectividade tampouco é do 100% posto que temos que ter en conta que o ruído ambiente se estamos na rúa, por exemplo, varía en todo momento. Por citar algún outro inconveniente máis, podemos nomear o prezo (son bastante caros), a necesidade de alimentación (xa sexa mediante batería ou pilas) e o peso e o tamaño (aínda que coma en todo, se están reducindo cada vez máis). 

Noticias relacionadas

Solucións auditivas para profesionais: In Ear Monitor (IEM) 7 Xuñ

Solucións auditivas para profesionais: In Ear Monitor (IEM)

07/06/2022 Tecnoloxía
Tradicionalmente o uso de “chivatos” nos escenarios facilitaban que os músicos e cantantes puidesen escoitarse a si mesmos durante unha actuación. O ruído que ás veces pode contaminar ditas actuacións (público, vento…) facía necesario o aumento da potencia no son emitido por eses monitores ou
En que consiste o noso servizo de audioloxía pediátrica? 6 Mai

En que consiste o noso servizo de audioloxía pediátrica?

06/05/2022 Tecnoloxía
Nos noso centro de Ordes dispoñemos dun servizo específico de audioloxía pediátrica, capitaneado por Marlene Rodríguez. Neste artigo do blog contámosche como funciona. O noso centro Oe Máis de Ordes é un centro autorizado pola Consellería de Sanidade para audioloxía pediátrica, o que nos permite
Que tipos de audífonos existen? 26 Feb

Que tipos de audífonos existen?

26/02/2022 Tecnoloxía
Se che diagnosticaron perda auditiva é posible que esteas considerando que tipo de audífono é o máis axeitado para ti. Nos nosos centros auditivos de Cee, Ordes e Lalín axudarémosche a escoller cal é o audífono máis indicado para o teu caso. Non obstante, neste post do blog queremos facer un repaso
Que é e como se fai unha videotoscopia? 19 Xan

Que é e como se fai unha videotoscopia?

19/01/2022 Tecnoloxía
A exploración física do oído comprende unha serie de probas que permiten determinar se o oído é normal ou non. Unha das máis completas e que nos permite coñecer como funciona por dentro o oído é a videotoscopia. Neste artigo contámosche en que consiste esta proba e cales son as súas características

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel