Alimentos que fortalecen a nosa saúde auditiva

Publicado: 04 de marzo de 2021, 19:00
  1. Recomendacións
Alimentos que fortalecen a nosa saúde auditiva

A boa alimentación é un dos mellores hábitos para traballar a nosa calidade de vida. Comer ben reporta innumerables beneficios para a nosa saúde. De feito, fálase continuamente de que se consumimos de maneira habitual certos alimentos, estes poden axudar a sacar máis rendemento dos nosos sentidos e facultades físicas e mentais: a vista, a memoria, a atención e, tamén, a audición. Neste artigo falarémosvos daqueles alimentos que máis beneficios lle reportan á nosa saúde auditiva.

Audiólogos especializados neste campo afirman que unha dieta equilibrada e o consumo de certas vitaminas e nutrientes poden retrasar ou incluso prever futuras perdas auditivas. No sentido contrario, o consumo doutro tipo de vitaminas pode chegar a provocar infeccións nos oídos e a longo prazo desembocar en enfermidades auditivas máis graves, tanto en adultos como en nenos. 

Enumeraremos a continuación aquelas vitaminas que fortalecen o sentido auditivo:

  • Alimentos que conteñen ácidos graxos como o Omega-3: peixes como o atún, as sardiñas e o salmón, as noces e outros alimentos enriquecidos en Omega-3 como o leite ou os ovos. Son alimentos que axudan a fortalecer os vasos sanguíneos do oído interno posto que teñen moitas propiedades antiinflamatorias. 
  • Ácido fólico (Vitamina B): cereais e legumes como os garavanzos ou as lentellas. Estes alimentos axúdanlle ó sangue a fabricar células vermellas e iso fortalecerá a saúde auditiva.
  • Vitamina C: froitas como o kiwi, laranxas, tomates, amorodos ou verduras como o brócoli ou as coles de Bruselas. Son alimentos famosos por ser bos para evitar arrefriados, pero tamén inflúen moi positivamente na saúde da nosa audición.
  • Vitamina A: verduras de follas verdes como a leituga romana ou a espinaca e hortalizas como a cenoria, o pemento vermello ou a cabaza. Son bos para a saúde do oído interno posto que axudan á formación e mantemento de tecidos brandos e óseos.
  • Vitamina E: acelgas, aguacate ou froitos secos  como as noces ou améndoas. Esta vitamina ten un efecto antioxidante que nos axuda a eliminar todo o que o noso corpo non precisa e axúdanos a xerar glóbulos brancos. Ademais, estes alimentos son moi bos para evitar ou suavizar a perda de audición asociada á idade.
  • Alimentos con Zinc: ameixas, chocolate negro, ostras, cangrexos ou arroz integral. Reforzan as defensas do organismo e protexen o oído retrasando a aparición de perdas de audición.
  • Fontes de Magnesio: millo branco, arroz integral, froitos secos ou caracois. O magnesio é bo para prever problemas de audición relacionados ca exposición ó ruído.

Se xa se padecen problemas de audición, unha boa alimentación non fará que se eliminen pero si que axudará moito a suavizar os seus efectos ou a evitar a produción doutros. 

 

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel