A diabetes aumenta as posibilidades de sufrir perdas de audición

Publicado: 05 de febreiro de 2021, 11:00
  1. Saúde
A diabetes aumenta as posibilidades de sufrir perdas de audición

A diabetes é unha enfermidade que se presenta cando o nivel de azucre (glucosa) no sangue é demasiado elevado. Esta glucosa é a principal fonte de enerxía para o noso organismo e atópase nos alimentos que inxerimos. Por outra parte, o páncreas é o encargado de producir insulina, que será a que permita a esta glucosa penetrar nas nosas células e dotarnos da citada enerxía. Cando esta produción de insulina é deficiente por parte do noso organismo, os niveis de azucre poden aumentar perigosamente e neste control e equilibrio se centran os tratamentos da diabetes.

Pero esta enfermidade, como a maioría, soen derivar noutras problemáticas para o noso organismo. Un estudo realizado polo National Center For Rehabilitative Auditory Research determina que as persoas con diabetes teñen o dobre de probabilidades de padecer problemas de xordeira. Este estudo demostra que efectivamente existe unha correlación entre os niveis de azucre en sangue  e a perda auditiva como unha das posibles consecuencias. 

De que maneira? A diabetes o que fai é danar a arteria que transporta o sangue ata os oídos. Esta arteria é moi pequeniña, polo que os danos se soen producir con bastante rapidez. O que se provoca así é unha obstrución nos oídos que pode derivar en diferentes doenzas como a falta de equilibrio, pitidos continuados ou perda auditiva, entre outras moitas. 

O complicado desta situación é que, cando os síntomas de perda de audición ligados á diabetes se amosan dunha forma máis gradual, pode resultar complicado darse de conta de que se están padecendo. De feito, moitas veces, as persoas que rodean ó suxeito con diabetes e problemas de xordeira son moito máis conscientes que el mesmo dos problemas auditivos que está a experimentar. Se pensas que algún achegado teu se atopa nesta situación, fíxate nas seguintes sinais: 

  • Soe pedir que lle repitan o que lle din. 
  • Pensa que os demais murmuran, non que falan. 
  • Ten dificultades para participar nunha conversa de grupo. 
  • O que máis lle costa é diferenciar ben as voces das mulleres ou dos/as nenos/as.
  • En contextos ruidosos non é capaz de desenvolverse con soltura. 
  • Reproduce contido audiovisual a niveis de son moi elevados. 

Coma sempre, o tempo nestas situacións resulta fundamental e terase que acudir a un especialista tan pronto como sexa posible. 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel