O outono e o inverno son as épocas nas que son máis comúns os arrefriados. Malia que se trata dunha afección que normalmente non representa unha seria ameaza para a saúde, o certo é que, nalgunhas ocasións, pode xerar complicacións serias, como a xordeira súbita.
A xordeira súbita ou hipocausia neurosensorial súbita consiste na perda rápida e de súpeto da audición. Polo xeral ocorre nun só oído, e vaise presentando xa sexa súbitamente ou aos poucos durante varios días. Trátase dun tipo de xordeira que se caracteriza por unha perda de audición de polo menos 30 decibeles en menos de 72 horas e dáse en pacientes que non adoitan presentar antecedentes de problemas de audición.
Unha xordeira súbita provoca que, por exemplo, unha conversación común se escoite coma se fose un murmurio. As persoas que sofren xordeira súbita poden escoitar tamén un ruído ou asubío permanente no oído, coñecido como tinnitus, que pode resultarlles moi desagradable.
Como afectan as gripes ou arrefriados á audición?
No caso dos arrefriados e a gripe, a propia infección que os provoca pode desencadear síntomas que afectan ao oído.
Ás veces poden confundirse os síntomas dunha xordeira súbita e unha perda auditiva habitual asociada a unha gripe ou a un arrefriado: a primeira aparece de súpeto e afecta gravemente ao oído, a segunda é sentir certo bloqueo ou notar os sons como amortecidos. Así mesmo, se a perda auditiva persiste despois de dous días débese consultar cun médico ou técnico en audición.
Outras causas que poden provocar xordeira súbita
Entre as súas diversas causas atópanse:
- Infeccións.
- Lesións ou traumatismos na cabeza.
- Enfermidades autoinmunitarias.
- Medicamentos ototóxicos.
- Enfermidades neurolóxicas.
- Problemas vasculares ou de circulación do sangue.
Outros trastornos do oído interno.
Se detectamos que podemos estar ante un caso de xordeira súbita, é fundamental iniciar o tratamento canto antes, mesmo aínda que se descoñezan as causas.
Segundo o National Institute on Deafness and Other Communications Disorders (NIDCD) preto da metade dos pacientes con esta afección recuperan parcial ou totalmente o oído de maneira espontánea á semana ou días de perdelo.