O síndrome tensional é un tipo de contractura muscular moi común en persoas que pasan moito tempo fronte a un ordenador ou unha pantalla en posicións ríxidas e invariables. Pero existen outras causas que poden provocar esta molestia como por exemplo a calidade do sono ou a forma de durmir. O tipo de postura, o colchón, a almofada ou os malos hábitos como desordes horarios poden causar graves molestias musculares. Finalmente, tamén existen outras causas de tipo máis emocional: depresión, ansiedade ou estrés, doenzas clave para desencadear contracturas musculares.
Vimos de citar as principais causas das dores cervicais, polo que falaremos agora das súas consecuencias. Unha das máis comúns é a dor de oídos. Máis que dor, molestia en forma de zumbidos ou pitidos. Os xa famosos acúfenos son unha das consecuencias máis habituais das doenzas cervicais ou musculares e poden chegar a ser moi molestos alargándose varias semanas. Moitos deles aparecen de súpeto e outros veñen precedidos polo taponamento dos oídos.
Como sinala o doutor Juan Royo en Viviendo el Sonido, “é moi frecuente a asociación entre este tipo de contracturas e o tinnitus”. “E moitas veces trátase dunha estreita relación, de forma que si empeora a contractura, empeora o acúfeno, e á inversa. En ocasións, ademais, asóciase ó estrés, que fai que empeoren ambos”.
Pero ademais desta molestia auditiva, o síndrome tensional tamén produce dor de cabeza e de colo, mareos e incluso a sensación de sentir un formigueo nas mans.
No caso de padecer estas molestias, deberemos acudir a un especialista auditivo para descartar que os acúfenos se deban a calquera anomalía auditiva. No caso de confirmar que non se deba a problema auditivos, saberemos que moi probablemente se deban a molestias musculares. Neste caso, o mellor tratamento será o emprego de relaxantes musculares (todos eles receitados polo médico) e sesións de fisioterapia.