A hipoacusia neurosensorial fai referencia á perdida auditiva por afectación do oído interno ou do nervio auditivo. Neste artigo explicámosche cales son as principais causas, síntomas e os tratamentos máis axeitados para cada caso.
Causas da hipoacusia neurosensorial bilateral
A causa pode ser conxénita de nacemento ou pode deberse a causas fortuítas como un traumatismo cranial ou unha exposición constante a ruídos.
Hai algunhas enfermidades que poden desencadear nunha hipoacusia nuerosensorial bilateral como a síndrome de Meriere, a meninxite ou tumores do nervio auditivo. Tamén hai medicamentos de uso para outras enfermidades cuxos efectos secundarios poden producir ototoxicidade e desencadear unha hipoacusia.
Outra das principais causas e máis comun é simplemente o propio avellantamento, é dicir, o cumplir anos que vai afectando ó sistema auditivo; é a coñecida presbiacusia.
Síntomas da hipoacusia neurosensorial bilateral
A hipoacusia pode manifestarse a través dalgúns síntomas. Ante o máis mínimo sinal, é fundamental acudir ao teu especialista audiólogo para unha proba diagnóstica que poida confirmar ou descartar a existencia de hipoacusia nun oido ou binaural (afectación dos 2 oidos).
Entre os principais síntomas atópanse:
- Percibir certos sons máis fortes nun dos oídos.
Ter problemas para seguir conversacións cando dúas ou máis persoas están a falar.
Presentar dificultade para escoitar en ambientes ruidosos.
Ter maior dificultade para entender voces agudas, como son as dos nen@s ou as voces femeninas.
Ter dificultade para diferenciar sons estridentes.
Escoitar algunhas voces como murmurios ou mal articuladas.
Ter problemas para entender cando hai un ruído de fondo.
Ter a sensación de estar a perder o equilibrio ou estar mareado (máis común coa enfermidade de Ménière e os neuromas acústicos).
Percibir zumbido nos oídos (tinnitus).
Tipos de tratamento segundo o grado de Hipoacusia neurosensorial bilateral
En realidade non soe haber tratamentos (dependerá da causa) que nos vaian curar ou revertir a perda auditiva. A solución ou axuda máis habitual que se lle pode ofrecer a quen busca unha melloría importante na sua capacidade para entender e/ou oir é a colocación dun audífono. Segundo o grado de hipoacusia e a sua complexidade escollerase un audifono de menor ou maior tamaño e cunha tecnoloxía acorde ás necesidades do cliente.
Para casos con perda auditiva unilateral profunda, cofose ou imposibilidade de adaptación no oído dun audífono convencional, adoita usarse unha tecnoloxía chamada Sistema Cros. Cando temos unha perda auditiva bilateral asimétrica na que o oído peor non se poida adaptar, estamos a falar dun Sistema BiCros. Consiste en transmitir o sinal auditivo do oído non adaptado ao outro oído de forma inalámbrica. Isto permite ao usuario mellorar a súa audición, especialmente en situacións de ruído, recuperando así parte dos beneficios da audición bilateral.
En Oe+ ofrecémosche unha solución personalizada ás túas circunstancias.