Consecuencias dunha perda auditiva sen tratar

Publicado: 17 de marzo de 2021, 12:00
  1. Saúde
Consecuencias dunha perda auditiva sen tratar

Non tratar unha perda auditiva desemboca nun maior esforzo por parte do noso cerebro por tratar de descifrar a información que nos chega a través desa vía. Por iso é tan importante tratar calquera anomalía auditiva, posto que senón rematará por interferir no comportamento normal doutras funcións corporais cando o noso cerebro se vexa na obriga de ceder máis enerxía a esta tarefa, en detrimento doutras funcións tamén elementais para o bo funcionamento do noso organismo.  

Non empregar audífonos cando se necesitan pode afectarlle ó teu día a día

E isto vólvese especialmente importante cando gran parte dos problemas derivados desta perda auditiva sen tratar se relacionan co noso día a día, dificultándonos o desenvolvemento habitual das nosas tarefas cotiás. Enumeraremos de forma máis detallada cales poden ser estas consecuencias:

  1. Unha maior carga mental: ter que esforzarse continuamente por saber que están dicindo os demais ou ter que supoñer cousas que están ocorrendo o teu arredor supón unha enorme carga mental para o cerebro. E se se volve complexo procesar a información, aínda máis recordala. Ademais, e como xa dixemos ó comezo, cando o cerebro emprega máis capacidade mental para escoitar do habitual, quédalle menos enerxía para interpretar o resto de estímulos.
  2. Maior esforzo na escoita: se padecemos problemas de audición e tratamos de participar nun ambiente bastante sonoro (xa sexa polos integrantes como pola condición sonora do espazo) o cerebro ten que esforzarse máis por recoñecer os sons, por completar a información que falta e por tratar de lembrar e adiviñar para completar os baleiros auditivos cos que se atopa.
  3. Illamento social e depresións: cando unha vez tras outra non te ves capaz de participar nunha conversa grupal, rematas por querer evitalas posto que non te sentes cómodo nin capaz. Isto desemboca nunha redución da vida social, no illamento, na soidade e consecuentemente en depresións.
  4. Problemas de equilibrio e riscos de caídas: unha das consecuencias máis habituais e coñecidas da perda de audición son os fallos no equilibrio. Non tratar a perda de audición volveranos máis inestables e máis propensos a sufrir caídas.
  5. Demencia e Alzheimer: son dúas das enfermidades que máis se poden agravar se padecemos problemas de audición, principalmente a idades avanzadas. Cando se padece perda auditiva severa ou profunda, o risco de padecer estas enfermidades multiplícase por 5; se a perda de audición é moderada multiplicarase por 3 e se é leve por 2.

Non deixes que a túa calidade de vida empeore por non tratar unha perda auditiva

O que buscamos con este post é eliminar todos eses prexuízos que aínda existen sobre o emprego de audífonos, aludindo á súa falta de estética ou a súa codificación como aparellos para persoas maiores. O realmente importante é poder seguir de forma normal as actividades da vida cotiá, sen privarse da participación en todo tipo de conversas e contextos e evitando, por outra banda, que calquera anomalía sen tratar poida derivar en problemas realmente graves para a nosa saúde. 

 

 

Noticias relacionadas

A Importancia de Coidar a Túa Audición: Situación Actual e Solucións Expertas 21 Mar

A Importancia de Coidar a Túa Audición: Situación Actual e Solucións Expertas

21/03/2025 Saúde
A saúde auditiva é un aspecto fundamental do noso benestar, pero a miúdo pasa desapercibido ata que xorden problemas. A nivel mundial, a perda de audición é unha das condicións máis comúns, afectando a máis de 1.500 millóns de persoas, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). Estímase que
Todo sobre a Cera nos Oídos e Como Mantelos Saudables 10 Feb

Todo sobre a Cera nos Oídos e Como Mantelos Saudables

10/02/2025 Saúde
A cera nos oídos, tamén coñecida como cerumen, é unha substancia natural que xoga un papel importante na saúde auditiva. Non obstante, cando se acumula en exceso, pode causar molestias e incluso problemas auditivos. Neste artigo, explicámosche como se produce a cera, os problemas que pode ocasionar
Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel