Como se relaciona a audición co equilibrio?

Publicado: 16 de decembro de 2020, 13:00
  1. Saúde
Como se relaciona a audición co equilibrio?

Manter unha boa saúde auditiva é moi beneficioso para o organismo, non só para conservar en bo estado o noso sentido da audición, senón que tamén por moitas outras razóns coma por exemplo o sostemento do equilibrio. Como? Informando ó cerebro de que músculos debe mover para poder mantelo. 

Para explicar máis detalladamente este proceso faremos un pequeno resumo sobre as partes que compoñen o oído. Este divídese en tres zonas: o oído externo, o cal engloba o pavillón da orella e o canle auditivo externo; o oído medio, o cal se encarga de conducir as ondas sonoras dende o exterior cara o interior; e o oído interno, que é o que recolle estas ondas. E é precisamente aquí onde se atopan aqueles órganos que poñen en relación o oído co equilibrio. 

Ditos órganos son tres canles semicirculares que se atopan dentro do óso temporal e que almacenan un líquido xelatinoso chamado endolinfa. Cando nos movemos, este líquido tamén se move, como calquera outro líquido exposto ás leis básicas da física. Ó facelo, move uns peliños que envían sinais ó cerebro. Este interprétaas e lanza as ordes ós músculos correspondentes para facer que manteñamos o equilibrio. 

A sensación de mareo dáse, por exemplo, cando facemos movementos circulares. Unha vez que nos detemos, os músculos envían información ó cerebro dicíndolle que xa están quietos. Porén, logo destes movementos, a endolinfa segue en movemento durante uns segundos. De aí que o oído envíe información ó cerebro indicándolle que aínda estamos en movemento. Estas ordes “contraditorias” fan que poidamos sufrir leves mareos. Se sufrimos estes mareos deberemos permanecer erguidos e firmes ata que se deteña por completo o movemento do líquido.

Como vemos, esta é unha razón máis que evidencia a necesidade e importancia de coidar a nosa saúde auditiva. Unha das patoloxías máis comúns neste campo, tanto en adultos como en pequenos, son as vertixes ou trastornos do equilibrio derivadas das infeccións de oído. 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel