Como nos pode afectar o ruído xerado nas cidades

Publicado: 19 de xullo de 2021, 20:36
  1. Medio Ambiente
Como nos pode afectar o ruído xerado nas cidades

Aínda que moitos de nós non sexamos conscientes ou non nos paremos a pensalo, se vivimos nunha cidade estámonos expoñendo diariamente a unha serie de sons que poden chegar a causarnos dano. Son sons que, a priori, non semellan intensos pero que, ó escoitalos de maneira continuada, pódense volver realmente nocivos. De feito, 3 de cada 4 persoas que viven nunha cidade padecen algún tipo de problema auditivo derivado disto. Pero, a que ruídos nos referimos exactamente? Tráfico, ocio, concertos, maquinarias...

A principal doenza que pode derivar desta exposición é a perda de audición neurosensorial, que é a que lle afecta ás células do oído, é dicir, ás encargadas de recoller o son e transmitirllo ó cerebro. O principal risco desta doenza é detectala tarde e que se volva máis complexo entón reparala. E isto, por desgraza, soe ser moi habitual dado que se trata dun proceso paulatino do que moitas persoas apenas son conscientes. 

Se pensas que podes estar padecendo un problema desta índole fíxate no seguinte: tes dificultades para comprender conversas?, para intervir en reunións?, notas que tes que subir máis do habitual o volume dos teus dispositivos?... No caso de ter unha resposta afirmativa para algunha destas preguntas deberás asistir xunto un/unha especialista para realizar as probas pertinentes. 

Cales son os ruídos das cidades que máis nos danan?

As altas cifras de perda auditiva provocadas pola contaminación acústica existente nas cidades chegou a alertar á OMS (Organización Mundial da Saúde) ata o punto de que no ano 2020 elaborou un documento dirixido expresamente a reducir os niveis de ruído das cidades e reducir consecuentemente o dano que isto está a provocar na nosa saúde. O seu principal obxectivo é reducir o número de db das principais fontes de ruído nunha cidade. No caso dos medios de transporte (os cales xeran o 80% do ruído dunha cidade), quérese fixar a cifra en 53 dB polo día e 45 dB pola noite; reducindo así considerablemente o nivel actual: 70dB.

A segunda fonte principal de ruído nunha cidade é o ocio, aínda que os seus niveis descenderon considerablemente a raíz de todas as restricións derivadas da Covid-19 e que lle afectan a este sector. 

Que problemas acústicos pode provocar a exposición ós ruídos?

Aquí influirá moito o tipo de exposición que experimentemos e a natureza da fonte sonora.

  • Trauma acústico: prodúcese cando nos expoñemos de forma puntual a un son extremadamente forte como pode ser unha explosión. Pode producirse a rotura do tímpano e danar a cadea de osiños e as células sensoriais auditivas. De non tratalo a tempo pode derivar nunha perda auditiva permanente.
  • Desprazamento temporal do umbral inducido polo ruído: prodúcese cando o nivel de ruídos ó que nos expoñemos vai en aumento. Pode producirse unha perda auditiva temporal.
  • Desprazamento permanente do umbral inducido polo ruído: dáse cando nos expoñemos de forma permanente ou continuada a sons moi fortes. Nestes casos a persa auditiva non soe ser reversible. 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
A perda auditiva é un problema hereditario? 14 Feb

A perda auditiva é un problema hereditario?

14/02/2023 Ciencia
A perda de audición pode ser causada por diversos factores modificables como a exposición a fortes ruídos en períodos longos ou curtos pero tamén a outros non modificables como a idade, pero tamén a xenética. O papel da xenética Algunhas perdas de audición si que son hereditarias e dependen das
Profesionais con perda auditiva 18 Xan

Profesionais con perda auditiva

18/01/2023 Social
A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras. Emprego para persoas con discapacidade auditiva Ter limitadas certas
En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel