Como lle afecta a chegada da primavera á túa audición?

Publicado: 25 de marzo de 2021, 10:30
  1. Saúde
Como lle afecta a chegada da primavera á túa audición?

Ca chegada da primavera e o cambio das temperaturas, a todos nos apetece pasar máis tempo fóra da casa e realizar actividades ó aire libre. Porén, moitas outras persoas relacionan tamén esta etapa do ano con outro asunto menos afable: as alerxias. As alerxias veñen sendo reaccións do organismo a axentes externos que este considera daniños. A máis habitual é a alerxia ó pole procedente de arbustos e árbores. Cada vez é máis habitual observar as rúas tinguidas de amarelo e masas de aire cargadas destas partículas. 

Pero, como chega a afectarlle isto á nosa audición?

Os síntomas máis habituais cando se padecen alerxias aféctanlle ó sistema respiratorio: picor nasal, esbirros, conxestión nasal... ou outras como picor de ollos, lagrimeo ou secreción de mucosidade. Todos estes síntomas poden levar a complicacións respiratorias e episodios de asma. Isto soe afectarlle máis ós nenos/as e ás persoas maiores dado o seu maior grao de vulnerabilidade, pero cada vez é algo que lle afecta a máis xente e de diferentes rangos de idade.

Como xa sabemos, os oídos están directamente comunicados ca nosa boca e nariz, polo que se esta mucosidade que vimos de citar aumenta ata niveis considerables, pode provocar obstrucións e facer que o oído resulte danado. As trompas de eustaquio, que son as que conectan os oídos medios ca parte de atrás da gorxa, pódense ver inflamadas e isto provocar que a ventilación do oído medio se vexa afectada chegando a causar a famosa otite. Así, o oído medio pola súa parte reaccionará ca segregación dunha mucosidade que tapona os oídos, afectando isto directamente á capacidade de escoita. 

Se esta mucosidade non é tratada e segue en aumento, as molestias poden agravarse chegando a causar máis dor e supuracións na zona media do oído.

Que facer para coidar a audición durante estes episodios de alerxias primaverais?

O máis importante para protexerse destes episodios é tomar pequenas e lóxicas medidas no día a día. 

  • Teremos que saber a que tipo de pole é máis sensible o noso organismo e cando é a época de máxima floración para tratar de resgardarnos máis durante eses días.
  • Se fai moito vento, é mellor evitar actividades ó aire libre porque nos estaremos expoñendo moito máis.
  • Ter coidado co aire acondicionado e revisar continuamente os filtros de aire.
  • Se estamos na casa, manter as ventás pechadas durante os días máis críticos ou de máis vento.
  • Tamén é recomendable o emprego de lentes de sol pois actuarán como barreira ante esas masas de aire cargadas de pole. 

Se pasada a época de maior concentración de pole continúas tendo molestias nos teus oídos, deberás consultar cunha/cun especialista para buscar o problema e dar ca solución. En caso de non tratar esa perda auditiva, os danos pódense agravar e incluso chegar a ser máis complicados de eliminar. 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel