Como detectar se o meu fillo/a oe mal? Sinais dunha posible perda auditiva

Publicado: 18 de abril de 2022, 22:22
  1. Saúde
Como detectar se o meu fillo/a oe mal? Sinais dunha posible perda auditiva

Sabías que entre o 3 e o 6 por cento dos nenos con problemas de xordeira ou hipoacusia dun oído están sen diagnosticar? O que podería dificultar o seu desenvolvemento e aprendizaxe.

A deficiencia auditiva que se produce en bebés e nenos pequenos pode provocar problemas do desenvolvemento se non se recoñece e se trata de maneira temperá, xa que unha audición normal é necesaria para comprender a linguaxe falada e para falar de forma clara no futuro.

Mesmo os bebés que pasasen sen problemas a proba de cribado  auditivo inicial no hospital, é importante estar pendente dos signos que indican que non están a oír ben. 

Neste artigo dámosvos claves para saber se o voso fillo ou filla ten problemas de audición. 

Sinais de hipoacusia infantil

De 0 a 1 anos

Neno excesivamente tranquilo.

Non vira a cabeza #ante sons fortes ou familiares.

Non emite sons articulados.

De 1 a 2 anos

Non empezou a falar.

Non comprende ordes sinxelas.

Non recoñece o seu nome.

De 3 a 4 anos

Cando se lle pregunta contesta con frecuencia “que?”

Non é capaz de construír frases de 3 ou máis palabras.

Non sabe explicar o que lle pasa.

Causas da perda da audición nos nenos

A maioría dos nenos experimentan unha perda auditiva leve cando se acumula líquido no oído medio debido á conxestión, os arrefriados ou as infeccións no oído. Esta perda  auditiva adoita ser soamente temporal. A audición normalmente regresa unha vez que a conxestión ou a infección melloran e a trompa de Eustaquio (que conecta o oído medio coa garganta)  drena o líquido remanente cara á parte posterior da garganta.

En moitos nenos o líquido permanece no oído medio despois dunha infección de oído debido a problemas coa trompa de  Eustaquio. Os nenos que teñen este problema non oen tan ben e debido a isto, ás veces tardan máis tempo en falar.

O tipo de deficiencia  auditiva permanente que sempre afecta o desenvolvemento normal do fala e a linguaxe é moito menos común. A deficiencia  auditiva permanente varía de leve ou parcial a completa ou total.

Se o seu fillo experimenta unha deficiencia  auditiva durante a infancia, necesítase atención inmediata. Incluso unha deficiencia  auditiva temporal pero significativa durante este período pode facer que sexa moi difícil para o neno aprender a linguaxe falada ou os patróns da fala.

Somos un centro auditivo especializado atención pediátrica e contamos con gabinete propio para realizar probas que detecten unha posible perda auditiva. 

E destacamos por ser o único centro auditivo en Galicia que conta coa posibilidade de facer Potenciais Evocados Auditivos, proba obxectiva para valorar a audición incluso en bebés.

Consúltanos! 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel