Un centro auditivo é un lugar cuxa vocación é coidar da túa saúde auditiva. Por iso, alberga profesionais da audición que se encargan de realizar as probas pertinentes para facerche unha diagnose e ofrecerche a mellor solución.
Ó igual que se tes un problema co motor do teu coche acodes a un taller, no caso de problemas no funcionamento do teu oído, cómpre que acudas a profesionais cualificados.
Os audiólogos teñen unha experiencia específica en audición e audífonos. Coñecen os audífonos, saben como funcionan e cal é que mellor se axeita ás túas necesidades. Un audífono é util só se foi axustado e programado especificamente para o cliente e cumprirá as expectativas reais de beneficio sempre que o cliente coñeza as posibilidades e limitacións da tecnoloxía e do estado do seu sistema auditivo. O mantemento e o servizo tamén son claves para que funcione ben, do mesmo xeito que sucede co teu coche.
É importante, contar cun profesional cualificado e os medios técnicos necesarios para que os audífonos sexan de utilidade para a túa audición. Unha mala adaptación non só conseguirá que os audífonos non teñan ningunha utilidade asociado a unha máis que probable frustración pola mala experiencia con estos. ¿Canta xente hai que, por un problema de adaptación non recomendaría nunca poñer audífonos a coñecidos ou familiares que dubidan á hora de acudir a un centro auditivo?
O problema dun traballo mal feito por non escoller un profesional cualificado ou non deixarse aconsellar por el á hora de decidir qué audifonos serán os axeitados, é que incluso pode darse a circunstancia dun dano nos oídos por ese axuste inapropiado.
Cales son as funcións dun audiólogo?
Os audiólogos son profesionais da audición que se encargan de valorar o estado cualitativo e cuantitativo da audición facendo probas auditivas e así detectar posibles problemas auditivos para ofrecer a solución protésica máis axeitada a cada caso.
Asemade, dan soporte e apoio con información e consellos a aqueles pacientes que sofren algunha perda auditiva ou están a comezar a sufrila, así como ás súas familias.
Ao tratarse de expertos en audioloxía teñen a capacidade de orientar sobre temas relacionados coa saúde auditiva, como as causas da xordeira, a rehabilitación do oído, o uso de audífonos, as rehabilitacións protésicas, entre outros aspectos.
Así, entre outros servizos, os profesionais do centro auditivo axudan aos seus clientes en materias como:
- Posibles causas da perda auditiva
- A anatomía e o funcionamento do sistema auditivo
- Técnicas para que persoas con problemas de audición melloren a súa capacidade comunicativa
- Recomendacións e consellos sobre o uso de audífonos
- Técnicas e terapias sonoras para o tratamento de acúfenos.
- Traballan man a man con outros especialistas cos que forman en nalgúns casos equipos multidisciplinares, como poden ser logopedas, médicos otorrinolaringólogos ou neurólogos.
A nosa recomendación, por tanto, é que se detectas calquera problema auditivo ou precises axustar ou reparar os teus audífonos, busques centros auditivos atendidos por profesionais que che poidan asesorar e axudar no que precises.