É moi habitual coincidir con persoas que teñen as orellas vermellas ou incluso nos pode ocorrer a nós mesmos. Antes ca nada, debemos diferenciar entre dous tipos de situacións: aquelas nas que se poñen vermellas debido a unha situación social determinada e aquelas nas que se produce como consecuencia doutro tipo de molestia ou doenza.
Entón, cal é o verdadeiro motivo de que se nos poñan vermellas as orellas?
Débese a que os vasos sanguíneos se dilatan e aumenta o fluxo de sangue que circula pola orella. Por iso se poñen vermellas, do mesmo xeito que ocorre cas meixelas. Pero, cales son exactamente as causas?
- Infeccións de oído. Cando padecemos otite, un dos síntomas máis habituais é que as nosas orellas se poñan vermellas.
- Sufrir un golpe no oído externo. En este caso sentiremos como a zona se nos inflama.
- Tamén pode ocorrer cando recibimos a picadura dun insecto ou amosamos unha reacción a algo que nos dá alerxia.
- Afeccións inflamatorias, eccemas ou psoríase poden aparecer tamén no oído externo e no canle auditivo.
- Alerxias como a urticaria ou infeccións bacterianas.
- Queimaduras solares debido á exposición continuada ó sol. É moi importante protexer a zona cando tomamos o sol. No caso de non facelo, se sentimos molestias debemos aplicar aloe vera para calmar a inflamación.
- Desequilibrios hormonais. Os cambios hormonais relacionados ca tiroides, glándulas suprarrenais e outros como a menopausa ou o embarazo.
- Estrés e ansiedade.
- Cambios bruscos na temperatura. Se expoñemos as nosas orellas ó sol, o noso corpo responde ca vasodilatación e refléxase no aspecto das orellas. Se as expoñemos ó frío, a vasodilatación será inducida e notaremos como arden. No caso de temperaturas extremadamente frías, o noso corpo reaccionará quentando as nosas orella para evitar a conxelación.
- Situacións emocionais: ataques de ira, nervios e enfados; situacións nas que sentimos vergoña ou que nos resultan embarazosas; emocións intensas ou concentración máxima.
Cal é o tratamento?
Afortunadamente, son molestias que soen durar pouco tempo, entre uns minutos e unhas horas; polo que soe ser suficiente con aplicar frío na zona afectada para calmar a molestia. Se consideras que os síntomas, a inflamación e a dor permanecen , non dubides en consultar ó/á teu/túa especialista para que che receite algún medicamento no caso de consideralo necesario.