As 5 probas básicas para detectar problemas de audición

Publicado: 27 de decembro de 2020, 14:00
  1. Saúde
As 5 probas básicas para detectar problemas de audición

Estamos no momento dos famosos propósitos de ano novo. Moitos falan de comezar a facer deporte, de comer mellor, de deixar de fumar, de traballar aspectos de autoestima... pero estaría tamén moi ben comezar a falar de prestar máis atención á saúde auditiva dado que é algo que nos pode afectar en moitos outros aspectos da vida.

Se notas algunha anomalía na túa audición ou se te queres someter a unhas probas xenéricas que te informen do estado do teu sentido auditivo, estas son as 5 probas básicas que un audiólogo ou audióloga che pode realizar:

  1. Audiometría tonal: durante esta proba analízase a tonalidade do son e o umbral auditivo do paciente. Esta proba realízase nun lugar específico como son as cabinas de audiometría e extráense os resultados nunha gráfica chamada audiograma. Pódese realizar de dúas maneiras, por vía aérea ou por vía ósea. Na primeira delas taponarase un oído e comprobarase se se escoitan todos os sons polo outro; na segunda empregarase un obxecto que vibre como un diapasón que faremos soar cerca das orellas para examinar a capacidade auditiva. 
  2. Timpanometría:  é un exame que se realiza para comprobar o estado do oído medio e a mobilidade que teñen o tímpano e os osiños cando provocamos variacións da presión do aire no canle auditivo. Os seus resultados téñense que poñer en relación co audiograma.
  3. Logoaudiometría: é o test que se relaciona ca comprensión de fonemas, palabras ou frases. Con el, os audiólogos miden a comprensión verbal do paciente a través dun discurso repetitivo. Colócanlle uns cascos e este deberá repetir todo aquilo que escoite a través deles. Esta proba serve para entender se o estado da saúde auditiva lle pode afectar á capacidade de comprensión da linguaxe. 
  4. Impedanciometría: nesta proba compróbase o comportamento da onda sonora no oído medio. Para iso introdúcese unha sonda no oído externo a través da cal se aplica un son con intensidade e frecuencia variable que xerará cambios de presión. Esta proba non precisa da colaboración activa do paciente.
  5. Test de audición: moitas clínicas dispoñen de test cos que, a través dunhas sinxelas preguntas, esbozan un primeiro diagnóstico para comprobar se temos que revisar a nosa audición. 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel